Recomendacións Verán 26 MicroRRede das Mariñas de biblioteca_eei_barrionovo
PRINCIPAL
▼
viernes, 19 de junio de 2026
martes, 9 de junio de 2026
Lectura e familias: Migallas Teatro
Este luns, grazas ao programa “Lectura e familias” de bibliotecas escolares de Galicia, puidemos desfrutar do espectáculo “CANTACONTOS” do grupo de teatro Migallas.
E como ben di a súa canción…
CANDO ESTEAS ABURRIDO,
E NON SAIBAS QUE FACER
COLLE UN LIBRO MEU AMIGO
TODO PODE SUCEDER!
As familias, nenas, nenos e mestras desfrutamos moitísimo desta tarde en familia tan divertida ao redor duns contiños.
Grazas!
viernes, 5 de junio de 2026
EncontRos BN: Anxo Moure e Lucía
Este venres apareceu unha sorpresa no cole, a profe Lucía agasallounos ca árbore do amor “Cercis siliquamstrum”
E con ela recitounos unha fermosa poesía
“Cuando estoy entre los árboles”
Máis as sorpresas non quedaron ahí, veu visitarnos Anxo Moure, contador de historias e gran defensor da natureza, e que conta con grandes fans na nosa escola.
Con él desfrutamos das súas historias, do seu carisma e máis plantamos a árbore que nos trouxo Lucía.



