miércoles, 17 de diciembre de 2025

Encontro co Apalpador

Hoxe recibimos a visita do Apalpador (Anxo Moure) recén chegado das montañas do Caurel para falarnos desta figura tradicional galega.




Actividade subvencionada pola ANPA.
Moitas grazas!!!!

Entrega Cartaces de Nadal

Hoxe as aulas de 4 e 5 anos saliron ás rúas de Pastoriza para entregar á veciñanza e establecementos os cartaces de Nadal " Unha panxoliña, un alimento".






Agardámosvos o vindeiro venres 19 de decembro para intercambiar panxoliñas por alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Rías Altas.

martes, 16 de diciembre de 2025

Recomendacións lectoras de Inverno

 INVERNO CON LIBROS! 

As bibliotecas escolares da microrrede As Mariñas (EEI Barrionovo, CEIP de Galán, CEIP Sofía Casanova e o CRA de Culleredo) xa temos lista a nosa selección de recomendacións lectoras para o inverno! 

Historias para todos os gustos, perfectas para seguir gozando da lectura durante as vacacións.
Felices vacacións de inverno! #bescolaresgal #microrrededasmariñas

jueves, 11 de diciembre de 2025

ENCONTXO: PEPE O CESTEIRO

 Recibimos a visita de Pepe que compartiu con nós un oficio do pasado:  A CESTERÍA.


No ámbito de arte xa temos preparado o recuncho para comezar o traballo.


MOITAS GRAZAS PEPE E LUCÍA POLA VOSA VISITA.







miércoles, 10 de diciembre de 2025

CARTAZ NADAL

 

 Despois de aprender moito da escritura e os inventos relacionados, poñemos en marcha o deseño do cartel da festa de Nadal, onde queremos escribir utilizando diferentes inventos

- IMPRENTA

-LÁPIS/ROTUS

-MÁQUINA DE ESCRIBIR.

Eleximos a información, o tipo de escritura para cada parte do texto, e quen fará cada parte...







miércoles, 3 de diciembre de 2025

Día da Diversidade: Concerto Banda de Música "DiversidArte"

Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade contamos cun concerto da Banda de Percusión Inclusiva "DiversidArte" por iniciativa da ANPA.











Moitas grazas por compartir a vosa arte con nós!

ADVENTO DE INVENTOS

 A conta atrás para o remate do trimestre.

Cada día unha adiviña dun invento...






martes, 2 de diciembre de 2025

Tardes en Familia: ENAPA

Este luns pola tarde familias, alumnado e profesorado asistimos a unha sesión moi interesante da ENAPA.





Poesía Express: Notas musicais

Este curso festexamos a diversidade con música, unha linguaxe universal que nos conecta, inclúe e une. Diso fálanos o poema desta semana.