lunes, 23 de junio de 2025

Recomendacións lectoras para o verán

 📚 Recomendacións lectoras para un verán cheo de aventuras ☀️

Chegan as vacacións… e con elas, unha oportunidade perfecta para gozar da lectura sen présas! Desde a microrrede de bibliotecas escolares As Mariñas, formada pola EEI de Barrionovo, o CEIP de Galán, o CEIP Sofía Casanova e o CRA de Culleredo, preparamos unha selección de recomendacións lectoras para este verán, pensadas para todas as idades e gustos.

Historias emocionantes, divertidas, sorprendentes… para seguir descubrindo o mundo a través dos libros tamén durante as vacacións.

Podedes consultar xa a guía completa no noso blog e nos espazos da biblioteca.

📖 Boas lecturas… e feliz verán!



jueves, 19 de junio de 2025

Despedida en familia no Monticaño

Este xoves desfrutamos en familia dunha Xornada no Monticaño
Música, actuacións e comida para festexar o remate deste curso escolar
A música correu a cargo de Pulpiño Viascón, grazas ao ANPA da escola que financiou a actividade 
GRAZAS FAMILIAS POR ESTE DÍA


 

martes, 17 de junio de 2025

lunes, 16 de junio de 2025

Tardes de Biblio en familia: Caramuxo Teatro


Este luns, grazas ao programa de Lectura e Familias de Bibliotecas escolares contamos no cole coa presenta de Caramuxo Teatro coa que fixemos un percorrido teatralizado por contos de temática mariña: piratas, baleas, contaminación…
Rematamos cun obradoiro en familia no que realizamos, en cartón, decoracións, con motivos mariños, con masa modelable de cores. Rematámola cun imán para poder colocala na neveira 



GRAZAS FAMILIAS!!


 

Poesía Express: Junio

E para rematar co cole un poema que nos fala do derradeiro mes do curso, extraído do libro "Versos del Tiempo" da Ed.SM.




Agasallo 3D Despedida

 Para despedir ao alumnado de sexto de infantil estamos a preparar as litofanías das súas fotos nunca aplicación on-line






martes, 10 de junio de 2025

Lectura e familias: Contos a Centos con Paco Nogueiras


 
Este luns desfrutamos en familia dunha tarde de contos cantados a cargo do fabuloso Paco Nogueiras, actor e músico galego.
Tarde de sapo, cinco ratiños, son animal… entre os contos que puidemos escoitar e cantar.
Actividade levada a cabo GRAZAS a participación no programa de Lectura e Familias das Bibliotecas Escolares de Galicia

Minimundos 3D: Animais mariños

  Os nenos e nenas de 4º de E.I. realizaron as súas propias creacións de animais mariños na App Doodle 3D e, posteriormente, estes foron impresos na impresora 3D do espazo fedelleiro.

Con eles crearemos minimundos do mundo mariño. 



viernes, 6 de junio de 2025

EncontRos e EncontXos BN: Día do medio ambiente con Anxo Moure

 Festexamos o día do medioambiente con Anxo Moure, escritor, contacontos e ecopacifista.




jueves, 5 de junio de 2025

Xoves de Ambientes

 Espazo Fedelleiro: Ambiente creativo

“Experimentando coa Luz negra”



domingo, 1 de junio de 2025

Tardes de Biblio en familia: EncontXos con autor@s

Este mes de Xuño contaremos coa visita de Paco Nogueiras e Caramuxo Teatro grazas ao programa Lectura e familias, de Bibliotecas Escolares, do cal formamos parte.

Se queredes vir, avisa a titora por abalar, ou as mestras nas entradas e saídas da escola

Non o perdas!