jueves, 30 de enero de 2025

EncontXos BN “Día da paz e Non Violencia”: O Pau da palabra

Hoxe a biblio bn convertiuse en PURO TEATRO!
As profes representaron o conto “Con mis palabras” de Cristina Tébar.
Dúas nenas teñen un conflicto que non son quen de resolver, ata que ao final un pau é a solución.


 
E velaiquí o pau da palabra!
Cada un decorou o seu pau da palabra para levar a casa e poder utilizar cando xurda un conflicto.


Tardes de Biblio: Taller Educación Sexual a cargo das familias


 Jennifer, mamá de Andrea, compartiu connosco unha charla en familia sobre a educación sexual e a importancia de traballalo dende a infancia.
Ela, máis dúas compañeiras do Comité Antisida, levaron a cabo un obradoiro que constou de dúas partes: Unha charla ás familias e un obradorio cos nen@s


Finalizamos a xornada tod@s xuntos na biblioteca lendo o conto “Monstro de ollos vermellos” e visualizando a importancia de contar os segredos “malos” a un adulto de confianza.
MOITÍSIMAS GRAZAS AS TRES POLO VOSO TEMPO E DEDICACIÓN 

lunes, 20 de enero de 2025

miércoles, 15 de enero de 2025

Smart train Intelino

Montamos e probamos o “Smart train” de Intelino, recibido a través do programa de Polos Creativos.




Despois foi integrado co alumnado nun dos ambientes de aprendizaxe.




martes, 14 de enero de 2025

Tardes de Biblio en familia: Taller de Costura

O uso de petos para o noso novo patio require un mantemento dos mesmos no que as nosas familias están moi implicadas.
Grazas pola axuda!