viernes, 18 de octubre de 2024

Tardes de Biblio en Familia: Obradoiro de Samaín a cargo da ANPA

Todo preparado no Fedelleiro para o Obradoiro do Samain do vindeiro luns de 4 a 5 a cargo da ANPA. Animádevos a asistir!!!!







miércoles, 16 de octubre de 2024

EncontXo Día das Escritoras: O dedo no nariz

Festexamos o Día das Escritoras escoitando o conto "O dedo no nariz" de Paula Merlán todos xuntos na biblioBN.





lunes, 14 de octubre de 2024

Tardes de Biblio en Familia: Meu corazón latexa e Taller de Origami

Despois da escoita do poema de motivación do proxecto " Mi corazon palpita" realizamos un corazón con origami.




jueves, 10 de octubre de 2024

Encontros BN: Nai e Pai de Xoel

Hoxe Emilio e Adriana, pais de Xoel, visitáronnos no Espazo Fedelleiro para falarnos do embarazo, dos cambios de bebé e da maxia de poder escoitar dous corazóns latexando nun memo corpo.







jueves, 3 de octubre de 2024

Encontros BN: Miriam, nai de Sabela.

Hoxe Miriam, sanitaria de profesión, explicounos moitas cousas relacionadas co seu traballo e coa nosa saúde.


Despois experimentamos coa importancia do lavado de mans con auga e xabrón para eliminar os virus e bacterias.



De agasallo entregámoslle un corazón feito na nosa impresora 3D.






Moitas grazas Miriam!!!!!!

miércoles, 2 de octubre de 2024

Meu corazón palpita

No Espazo Fedelleiro ao ritmo do latido do corazón  mediante unha instalación sensorial e un poema....así comezamos a apaixonante viaxe polo novo proxecto.