sábado, 21 de diciembre de 2019

NADAL POLO MUNDO

Celebramos o final do primeiro trimestre cunha festa en familia na que cociñamos, bailamos, desfrutamos de actuacións...


VIAXA EN BARRIONOVO from biblio BN on Vimeo.

Taller Tic: Luz negra

Esta semana o Taller Tic brillou con luz propia, ou millor dito, co brillo das cores a carón da luz negra.




Atelier de costura: Nadal de refugallo

No atelier de costura deste mes, do noso Espazo Fedelleiro estamos a realizar os adornos de Nadal con materiais de refugallo, cartón, goma eva, tapóns....
E ahí tedes... Bo Nadal!



miércoles, 18 de diciembre de 2019

Poesía Express: Un fantasma con asma

Hoxe os nen@s de 5 anos foron os encargad@s da poesía desta semana.
Un marabilloso teatro de sombras ilustrou este conto rimado.


martes, 17 de diciembre de 2019

O Libro-obxecto Colectivo segue a súa Viaxe

O Libro-Obxecto colectivo que comezou a súa andaina en Barrionovo fixo a súa segunda parada no CEIP Lamas de Abade


Entre tod@s seguimos sumando creatividade.

lunes, 16 de diciembre de 2019

Encontros BN: Soñando Inventei

Hoxe contamos na BiblioBN coa presenza de Mª Faltri e Jorge Juncal co espectáculo "Soñando inventei", un espectáculo Trans-Formador por e para a igualdade.

domingo, 15 de diciembre de 2019

Proxecto #mesturarte: Exipto en 3D

Na viaxe a Exipto da aula azul, andan a traballar cos xeroglíficos das pirámides, e no recuncho da aula non podía faltar un "mini mundo" desta parte do mundo. Coa impresora 3D, no taller Tic, construiron os seus nomes e imprimiron pirámides, sarcófagos, a Nefertiti que atopamos na páxina de Thingiverse e como non, o abecedario!


sábado, 14 de diciembre de 2019

Encontro "Mes da Ciencia" Biblioteca EPB-BiblioBN

Estes días tivemos un marabilloso Encontro por Videoconferencia cos nen@s da biblioteca EPB do CEIP Emilia Pardo Bazán para compartir os nosos experimentos do Mes da Ciencia.
Aquí deixámosvos o video do Encontro realizado pola biblioteca EPB.


Grazas!! Repetiremos!!


viernes, 13 de diciembre de 2019

miércoles, 11 de diciembre de 2019

Poesía-Express: La Gallina cocorina

Esta semana a Poesía Express versou sobre unha galiña moi especial, "La gallina Cocorina", de Cuento de Luz, un conto rimado moi especial e cunha bonita mensaxe.

martes, 10 de diciembre de 2019

VII Atelier Creativo: Costura

Inauguramos un novo Atelier Creativo coa lectura do conto "O Fío" de Gracia Iglesias.
Nestes días poderemos iniciarnos no arte da costura e crear os nosos adornos de nadal.
Estade ben atent@s!!



EncontXos BN: U-la Lúa

Onte a compañía "A Xanela de Maxín" deleitounos coa teatralización do conto U-la Lúa, un conto por e pola igualdade.


viernes, 6 de diciembre de 2019

miércoles, 4 de diciembre de 2019

Visita ao Museo de Belas Artes

Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. Alí fixemos un percorrido por diferentes edificacións a través da arte.





lunes, 2 de diciembre de 2019

EncontXos BN: Día da Diversidade

Hoxe visitounos Sara Aramburu para lernos o conto de Darío, un neno con superpoderes.

Todos e todas podemos ter superpoderes mais cada un debe topar o seu para poder axudar aos demais a atopalos tamén

Grazas Sara pola túa mensaxe nun día tan importante:

TÚ PUEDES!!!




domingo, 1 de diciembre de 2019

Encontro BN: PECHE MES DA CIENCIA

Este venres pechamos o Mes da Ciencia cun Encontro no que o Profe Jacob e a Profe Lara levaron a cabo o experimento... 
Pódese ver a música?
Despois recordamos o experimento "Canto Viven os plásticos?" observando a evolución dos mesmos e falando das nosas hipóteses iniciais.
Parece que os plásticos seguen igual pero os alimentos sufriron transformacións.
Seguiremos observando e fotografando!