Este martes a Poesía-Express foi no Espazo Fedelleiro, onde descubrimos unha proposta con luz negra baseada no poema "Corre, corre, meu cabalo", incluído en "Cantarolas" de Ed. Kalandraka
PRINCIPAL
▼
martes, 30 de abril de 2019
lunes, 29 de abril de 2019
As familias contan: Papá de Laura
Hoxe estivo na BiblioBn o Pai de Laura para ler "Los Aristogatos" de Everest.
E de agasallo o marcapáxinas 3D da BiblioBn.
Moitas grazas polo esforzo e polo voso tempo!
viernes, 26 de abril de 2019
Encontro: Árbores de Cinza
Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Benito, representante da asociación Galicia ambiental.
Benito presentounos o proxecto Árbores de Cinza a través do cal puidemos coñecer de primeira man os desastres producidos nos últimos anos por mor do lume no territorio galego (Chandebrito entre outros).
Durante a visita, ademais de ver un vídeo e unha presentación, puidemos aprender máis cousas sobre a deforestación, as especies invasoras e as prácticas nocivas que levan á destrución do medio.
Ademais, reflexionamos sobre diferentes medidas que podemos levar a cabo nós para evitar e revertir este proceso.
Para finalizar, como de costume, sinatura no noso libro de visitas e agasallo 3D.
Moitas grazas!
E despois da visita...
Saída a monticaño para levar a cabo a nosa pequena reforestación
E despois da visita...
Saída a monticaño para levar a cabo a nosa pequena reforestación
jueves, 25 de abril de 2019
Encontro: Reforestación
Contounos que era bombeiro forestal e explicounos os riscos dos incendios, as súas causas e as accións que nós podemos levar a cabo para evitalos.
Tamén como podemos reparar o dano unha vez xa este feito, a través da reforestación.
É costume, polo día do libro, agasallar cun libro e unha flor.
Armando, nesta semana do libro, agasallounos coa lectura do conto “A pequena árbore”, de Ánxeles Ferrer, e con algo máis especial que unha flor cortada, dúas árbores vivas (pradairos vermellos, loureiros e carballos) para que cada nen@ leve a cabo a súa acción de reforestación coa súa familia.
A cambio, coma sempre, un agasallo en 3D, a árbore da vida máis un mapa de Galiza imantado.
Ademáis deixou algún máis na escola para levar a cabo unha pequena reforestación no Monticaño nestes días.
Mil grazas por todo!
martes, 23 de abril de 2019
lunes, 22 de abril de 2019
Día do Libro 2019: Mariña Surrealista
Hoxe, no Espazo Fedelleiro da BiblioBn, celebramos o Día do Libro cun Encontxo Poético.
Un conto de Yolanda Castaño da colección "Unha historia para un cadro", baseado no cadro de Urbano Lugrís e ilustracións de Xosé Cobas.
Conto que recibimos coma agasallo das Bibliotecas Escolares, en colaboración co Museo de Belas Artes, polo traballo do Día das Artes Galegas.
Coa axuda do retroproxector e diferentes materiais (translúcidos e opacos) fumos recreando as diferentes esceas do conto, intentando xerar un ambiente de soño e misterio, ao igual que os cadros de Urbano Lugrís.
"Regala un conto... regala un soño"
Feliz Día do Libro!!
viernes, 12 de abril de 2019
EncontXo in english: Katarsis
Para despedirnos ata a volta das vacacións, recibimos un contacontos moi especial, un Storytelling!
Estiveron no noso Espazo Fedelleiro Katarsis, Educación e Teatro, contándonos dous contos do autor Robert Munsch: "Up,up,down" e "mmm, cookies!
Encantounos este contacontas tan teatral! E a nosa mestra Katrina emocionouse moito!
Moitas grazas pola visita.
jueves, 11 de abril de 2019
As familias contan: Pai de Ainara Carril
Hoxe estivo na BiblioBN o pai de Ainara Carril, Toni, cunha lectura que sempre deixa bo sabor de boca : "Corre, corre, cabaciña" de Ed. Kalandraka
Moitas grazas por colaborar nas familias contan! Como agasallo levou o marcapáxinas deseñado coa impresora 3D
O teu primeiro Encontxo...
Hoxe tivemos un EncontXo moi especial, visitáronnos Lara e Carmen. A BiblioBN encheuse de tenrura, poemas e nanas.
E coma non podía ser menos...as dúas firmaron o noso libro de visitas
miércoles, 10 de abril de 2019
Escornaviaxe polos Montes Galegos
No mapa físico de Galicia, no que levamos todo o curso a traballar, e situar os montes investigados, xogamos con dous dados, un de letras e outro de números.
Tiramos e buscamos a coordenada, a onde teremos que levar o noso escornabot, e ver que monte se atopa máis preto.
As familias contan: Tía Ainara Souto
A tía de Ainara Souto contóunos "Lino Felino" da Editorial 3 Abejas.
Un marabilloso libro sobre a tristura.
Grazas por voltar a BiblioBn!
Martes Poesía-Express: Korokoro
Hoxe a profe Mayte presentóunos esta poesía musical a partires do conto visual Korokoro,
lunes, 8 de abril de 2019
As familias contan: Avoa de Michael
Comezamos a semana co conto "Amores de gato e rato" de Ed. Kalandraka contado pola avoa de Michael.
viernes, 5 de abril de 2019
As familias contan: Papá de Valeria Casanova
Este venres recibimos a visita do papá de Valeria Casanova que nos contou "Orellas de bolboreta" Ed. Kalandraka.
Tamén rubricou o noso libro de visitas e levouse de agasallo un marcapáxinas en 3D da BiblioBN.
Moitas grazas!
jueves, 4 de abril de 2019
As familias contan: Mamá de Iago
Iniciamos o mes do libro invitando as familias a contar contos na BiblioBn.
A mamá de Iago foi a encargada de inauguralo co conto "Flis Flas"
E de agasallo...marcapáxinas en 3D da BiblioBN
GRAZAS!!
miércoles, 3 de abril de 2019
Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil
Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil creamos un vídeo no noso Espazo de Acougo do Espazo Fedelleiro. O cartel deste ano levaba o lema "Os libros fannos acougar" e aproveitamos este recuncho onde temos un tipi con libros e xogos que incitan a gozar deles en calma , para visibilzar que nos tamén acougamos cos libros.
Ademáis,visitamos a Biblioteca Municipal Miguel Sande, en Pastoriza, para ver un contacontos moi divertido.












