lunes, 31 de octubre de 2016

Makers: Man Robótica

Seguindo as instrucións do profe García:


creamos a nosa man robótica e poñémola a funcionar:




Buscamos na galería robótica algo semellante e descubrimos o brazo robótico:



Ola Mundo !!! en Arduino

Cargamos un programa no Arduino que fai parpadear un led:



EncontXo Día das Bibliotecas

Coñecemos, a través dunha das recomendacións da guía de lectura, a historia de Luís Soriano e a súa BiblioBurro.





Se eses nenos non teñen biblioteca
hai que levarlles a biblioteca alá.

(Luís Soriano)

viernes, 21 de octubre de 2016

Cazando Artes no Día das Bibliotecas Escolares

Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cun Artes GO no Museo de Belas Artes:


Despois de traballar o cartel deste curso, acudimos a nosa segunda escola para cazar as Artes que descubrimos no mesmo. Axúdamonos do programa Aurasma de RA. Cada Arte que cazamos ten como recompensa un cromo que pegaremos no noso álbum.



Álbum e cromos:







jueves, 20 de octubre de 2016

EncontXo: A árbore da escola


Onte, na libraría Moito Conto, xuntámonos grandes e pequenos arredor dunha fermosa historia creada por Antonio Sandoval: "A árbore da escola" e ilustrada polo Premio Nacional de Ilustración Emilio Urberuaga
Contounos o conto o inimitable Paco Nogueiras.


Esta é a dedicatoria de Antonio para a nosa escola:


Seguindo a recomendación de Antonio escoitamos a historia xunto á árbore da nosa escola. Un conto que fala de aloumiñar ás árbores e de compartir experiencias coas outras escolas:







Manual de Instrucións da Montaxe do Escornabot

Acabamos de publicar o "Manual de Instrucións da Montaxe do Escornabot" no que se rexistra as tarefas realizadas no Taller Escornabótico.

     

miércoles, 19 de octubre de 2016

Un pouquiño de Arduino

Seguimos coa formación d@s mestr@s... agora toca aprender a fedellar co Arduino para poder programar os nosos Escornabots:


Encontro no Territorio das Artes


Encontrámonos na biblioBN para desentrañar os misterios que aprcen no carte deste curso das Bibliotecas escolares de Galicia. Que Artes se agochan nas nosas bibliotecas ??? ... descubrímolo das mans e lapis de Minia Regos.


Vemos un animal fantástico con cara de libro e abrímolo co Aurasma e ...




topámonos con Agustín Fernández Paz, sempre con nós:


Seguimos a descubrir as Artes deste fantástico Territorio:



E aquí está o resultado ... seguro que quedan moitas cousas por descubrir porque aínda temos moito Territorio por explorar:



Formación de Usuarios co Escornabot

Aprendemos a localizar os recunchos da biblioBN co Escornabot: sacamos da bolsa unha etiqueta e localizamos na plantilla o lugar que ocupa na biblioteca.

Un libro coa etiqueta "Para que me lean":


As pezas do Escornabot feitas na impresora 3D:


Plantillas:





sábado, 15 de octubre de 2016

Onde está a Pizza?: Escornabot e RA



Non vos perdades a actividade feita na aula de AL ...
aínda que nos gustaría máis realidade e menos aumentada (sobre todo antes de comer)

viernes, 14 de octubre de 2016

Subvención da Obra Social de "la Caixa" á biblioBN

Resultado de imagen de obra social la caixa

Agradecemos á Obra Social de "la Caixa", a través da súa oficina en Meicende, e á ANPA da escola, pola súa solicitude,  a subvención que acabamos de recibir.
Empregarémola para comprar fondos bibliográficos destinados ao programa de préstamo "Xogo a Ler".

Un pouquiño de "ELECTROLOGÍA"

Este martes, @s profes, da man de Tucho, empezamos o noso Proxecto de Formación cun pouquiño de "Electrología" ...


preparádevos !!! ... os seguintes sodes vos !!!

miércoles, 12 de octubre de 2016

domingo, 9 de octubre de 2016

Encontro: Os Inicios da Robótica

E aquí empezou todo ...




      

E así nos informamos ...







Novo cacharro na biblioBN: Impresora 3D

No proxecto deste curso, ademais de darlle á Robótica, iniciarémonos na impresión en 3D.
Grazas ao Programa Arteixo Innovación do Concello dispoñemos dunha flamante impresora.
Agora toca aprender ...
O alumnado de 4 anos xa fixo un achegamento á nova inquilina e á carpeta que recollerá todas as noticias de prensa que falen do tema:

                     
E despois compartironno co resto dos compañeir@s:


viernes, 7 de octubre de 2016