As exalumnas ... tamén CONTAN

E así o deixou claro Icía que hai dous anos deixou a nosa escola pero sigue a visitar a nosa biblioteca e agora ... a dinamizala.
Hoxe pola tarde fixonos pasar un bo rato coa lectura de Lo que no vio Caperucita Roja
Grazas a Icia por seguir sendo parte
da nosa biblioteca!!!





Na Biblioteca Miguel Sande

Como todos os anos a Biblioteca Municipal convídanos a un contacontos no Mes do Libro.
Este ano a visita ten un algo especial, xa que a semana pasada tivemos a Miguel Sande na biblioBN.




viernes, 24 de abril de 2015

Toponimia : O Forno

Onte, Miguel Sande  falounos da escola a que ia él de pequeno. Aquela escola estaba no lugar do Forno e o panadeiro facia letras de pan que os nenos e nenas comían ao sair da escola. Será por iso que ten unha letra tan bonita e escribe libros ?
Hoxe buscamos no Ortofotomapa O Forno:


jueves, 23 de abril de 2015

NomeArte : Día do Libro

Arte para Don Quixote, damos cor con acuarela ás representacións do cabaleiro andante feitas por Picasso e Dalí.



Encontro con Miguel Sande

Celebramos o Día do Libro por todo o alto cun Encontro co veciño de Pastoriza que da nome á Biblioteca Municipal.
Con él achegámonos aos seus tempos de neno na escola do Forno e as rúas de Pastoriza e ao seu traballo como xornalista e escritor.






                    

miércoles, 22 de abril de 2015

lunes, 20 de abril de 2015

Moitas Culturas - Unha Historia : Victoria e Mamá

Contacontos en inglés con Go Away, Big Green Monster!
Grazas a Linda e a Victoria por achegarnos esta historia tan divertida !!!


viernes, 17 de abril de 2015

Seguimos a establecer relacións ...

... no mapa emocional de Pastoriza.
Esta vez entre o artista co que estamos a traballar esta semana : Salvador Dalí e o escritor que descubrimos no Rueiro Literario : Federico García Lorca.



Moitas Culturas - Unha Historia : Mar, Xurxo e Mamá

Outra familia case ao completo para contarnos a fantástica historia de O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba
Coidado!!! é contaxioso!!!
Grazas aos tres !!!


jueves, 16 de abril de 2015

Moitas Culturas - Unha Historia : Martiño e a avoa

Quen ben aprendemos a contar coa fantástica narración do Libro de Contar de Martiño e a avoa Mari.
Grazas aos dous !!!


martes, 14 de abril de 2015

Rueiro Literario I

No mes do Libro, comeza o traballo co Rueiro Literario de Pastoriza.
Buscamos as Rúas con nomes de escritores e deixamos unha pequena pegada nelas.




Kamishibai : A Princesa e o Chícharo

No Mes do Libro, xuntanza extraordinaria pola tarde na biblioBN para disfrutar do Kamishibai elaborado polo alumnado de 5 anos. 



        

Moitas Culturas - Unha Historia : Carmen, Hugo e Mamá

Familia ao completo (ou case) na biblioBN presentando, cuns preciosos títeres de fieltro,  Contín contón
Grazas aos tres !!!




Mapa Interactivo dos Lugares de Interese de Pastoriza

Os da aula de 5 están a elaborar, co Google Maps, un mapa interactivo para descubrir os Lugares de Interese da parroquia.


jueves, 9 de abril de 2015

Moitas Culturas - Unha Historia : Sabela e Mamá

Arrancamos coas Lecturas en Familia do Mes do Libro. Maite e Sabela contan "Os de arriba e os de abaixo".
Grazas ás dúas !!!


miércoles, 8 de abril de 2015

Isabel Freire finalista dos premios da AELG

Recibimos con alegría a nova de que Isabel Freire é finalista  dos premios da AELG.
Recordamos, como un día do mes de decembro, tivemos un Encontro con ela para que nos presentara a obra coa que opta a este premio, que o alumnado de 5 representou no festival de Nadal.




Resultado de imagen de gústame

... E O TEATRO !!!


martes, 7 de abril de 2015

Plano Emocional de Pastoriza

Joel descubre outra sorpresa que agardaba por nós na biblioBN: un plano con chinchetas e las.
Con él iremos tecendo as relacións emocionais entre as rúas de Pastoriza.
Lidia lembra a que aprendimos antes das vacacións : Seoane & CIA. xuntamos as Rúas : Luis Seaone, Picasso e Álvaro Cunqueiro.
Sabela achéganos a información da relación dos escritores que dan nome ás dúas rúas ás que da a súa casa : Federico García Lorca e Antonio Machado.


E agora ... a seguir tecendo !!!





Que había na Maleta ?

Á volta das vacacións a biblioBN rétanos a desfacer a maleta.
Queredes saber o que había dentro ? ....




A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia déixanos en préstamo unha maleta viaxeira chea de saber MATEMÁTICO !!!
E aquí queda a 1ª lectura :

lunes, 6 de abril de 2015

E agora ... a desfacer a Maleta !!!

Á volta de vacacións toca ... desfacer a Maleta!!!



Está agardando por vós na biblioBN.





miércoles, 1 de abril de 2015

Día das Artes Galegas


Pinchade na imaxe para acceder á selección do EDLG.