PRINCIPAL

▼

jueves, 29 de octubre de 2026

Recollida de cabazas de tempada 2026.


Un ano máis a escola abrese ao barrio, e vistamos as leiras da nosa veciña Mari. 

Un ano máis a escola enchese de cabazas, e de nenos e nenas felices de coñecer a orixe dos produtos de tempada.







martes, 27 de octubre de 2026

LECTURA E FAMILIAS:

 Comezamos a semana do Samaín/Halloween compartindo lectura e merenda en inglés!








Día das bibliotecas

Hoxe reunímonos ba BiblioBN a recordar o tipo de fondos bibliográficos que temos na biblio e como se organizan. Presentamos as mochilas fedelleiras que a semana que vén comezarán a viaxar ás vosas casas e entregamos os carnés aos novos usuarios e usuarias.

 








martes, 20 de octubre de 2026

lunes, 19 de octubre de 2026

Volven os luns de LECTURA E FAMILIAS

 Iniciamos as tardes de "Lectura e familias" cunha pequena formación para as persoas usuarias, sobre a tipoloxía de libros que poden atopar na biblio. 

Inauguramos a tarde cunha pequena escola de LIBROS CON MÚSICA, escoitamos poesía, cantamos e bailamos ao son da música.












miércoles, 7 de octubre de 2026

VOLVEN OS MÉRCORES DE POESÍA EXPRESS

 


Onde as rimas, e as poesías son as protagonistas.

lunes, 5 de octubre de 2026

COMEZO DO TRABALLO POR ÁMBITOS

 FEDELLEIRO STEAM

-Investigamos características dos animais, pegadas, esqueletos...

-Inventamos novos animais.

-Coñecemos o ciclo da vida de seres vivos (plantas) e plantamos. Debuxamos siluetas de distintos tipos de follas.

-Construimos buxainas con LEGO e experimentamos co movemento xiratorio.

-Compoñemos pezas musicais co MATATALAB e elaboramos unha armónica.





LÓXICA-MATEMÁTICA E XEOMETRÍA

Neste ámbito estamos a traballar arredor do desenvolvemento do pensamento abstracto, a resolución de problemas e a comprensión do espazo. Conteo, agrupación de obxectos, asociación número cantidade, inicio a operaciones básicas, xogos cooperativos de lóxica matemática, recoñecemento e reproducción de formas planas básicas, creatividade a partir da xeometría, etc



 ARTE E LETRAS

-Xogos de mesa: fomentamos a expresión oral e o traballo en equipo

-Arte: retos de creatividade e grafomotricidade

-Letras: propostas en parella para practicar a conciencia fonolóxica

-Bandexas: propostas individuais relacionadas coa lectoescritura

-Modelado: creamos coas nosas mans

-Imáns: construímos con imáns e letras móbiles

-Disfraces: inventamos personaxes e historias. Xogo simbólico.