INVERNO CON LIBROS!
As bibliotecas escolares da microrrede As Mariñas (EEI Barrionovo, CEIP de Galán, CEIP Sofía Casanova e o CRA de Culleredo) xa temos lista a nosa selección de recomendacións lectoras para o inverno!
INVERNO CON LIBROS!
As bibliotecas escolares da microrrede As Mariñas (EEI Barrionovo, CEIP de Galán, CEIP Sofía Casanova e o CRA de Culleredo) xa temos lista a nosa selección de recomendacións lectoras para o inverno!
Recibimos a visita de Pepe que compartiu con nós un oficio do pasado: A CESTERÍA.
No ámbito de arte xa temos preparado o recuncho para comezar o traballo.
MOITAS GRAZAS PEPE E LUCÍA POLA VOSA VISITA.
Despois de aprender moito da escritura e os inventos relacionados, poñemos en marcha o deseño do cartel da festa de Nadal, onde queremos escribir utilizando diferentes inventos
- IMPRENTA
-LÁPIS/ROTUS
-MÁQUINA DE ESCRIBIR.
Eleximos a información, o tipo de escritura para cada parte do texto, e quen fará cada parte...
Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade contamos cun concerto da Banda de Percusión Inclusiva "DiversidArte" por iniciativa da ANPA.
Este luns pola tarde familias, alumnado e profesorado asistimos a unha sesión moi interesante da ENAPA.
Este curso festexamos a diversidade con música, unha linguaxe universal que nos conecta, inclúe e une. Diso fálanos o poema desta semana.
Lectura do cartaz de Bea Lema en familia e elaboración dunha pancarta onde, xogando coa pintura invisible, quixemos resaltar a importacia de pedir axuda e non quedar en silencio.
#NONCALES
O MAGNETÓFONO DO AVÓ MANUEL
Unha viaxe ao pasado na nosa máquina do tempo para conmemorar o día da música.
Descubrimos e escoitamos música gravada en vinilos, casetes ou CD, e como non no MAGNEFÓFONO do avó de Estefanía.
Ademaís bailamos ao son da armónica, das cunchas e cantamos a nosa canción A MÁQUINA DO TEMPO.
Este luns con motivo do Magosto desfrutamos dunha poesía en familia de Manuel María, recollida no Álbum “Soños na gaiola”
Hoxe celebramos o Magosto na escola, onde non faltaron as nosas familias, os xogos de tradición, a degustación de castañas e unha boa fouliada.
CONTINUAMOS A ROTAR POLOS AMBIENTES DE APRENDIZAXE. ESTA SEMANA ESTRÉANSE AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS DA AULA ROSA E O SEU AMBIENTE DE APRENDIZAXE "VIDA PRÁCTICA"
-FEDELLEIRO (Espazo Fedelleiro)
-LÓXICA E ARQUITECTURA (Aula laranxa)
-LECTOESCRITURA E ARTE (Aula azul)
-VIDA PRÁCTICA (Aula rosa)