martes, 17 de diciembre de 2024

EncontRos BN: Sanitario Uci Pediátrica

Hoxe recibimos a visita de David, pai de Xandre, que nos explicou o seu traballo na UCI cos neonatos con cardiopatías. 
Mediante dúas maquetas e o fonendoscopio vivenciamos o importante traballo do corazón e dos pulmóns.


 




Grazas familia!!!

Chaveiros coas nosas iniciais

Iniciamos aos pequenos da aula laranxa no uso da impresora 3D a través da súa inicial.
Seleccionamos e imprimimos letras que despois convertiremos en chaveiros.



martes, 10 de diciembre de 2024

EncontRos BN: Taller Educación Sexual




Jennifer, mamá de Andrea, compartiu xornada connosco para achegarnos a educación sexual a partires do conto “Kiko e a man”, unha guía sinxela para familias e educadores que desexan axudar a nenas e nenos a poñer límites evitando un contacto físico non axeitado.
Grazas Jennifer polo teu tempo

 

Poesía Express: Con un cero

Algunha vez fixéronche sentir como "un cero á esquerda"? Entón este poema de Gloria Fuertes che interesa!








Tardes de Biblio en familia: Semana da diversidade

 Hoxe coñecimos a TEA, Tea percibe o mundo dun xeito diferente ao noso, porque o mundo non é coma nós creemos, senón que depende dos ollos cos que o vexamos. 

“Nós non vemos as cousas cómo son, senón que as vemos como somos”


Un conto para ver de xeitos diferentes según as gafas que poñamos.








Poesía Express: Hooray for Fish!

Comezamos a semama coa representación do conto en inglés "Hooray for Fish!" da editorial Walker Books Ltd.





viernes, 22 de noviembre de 2024

Intervención artística 25N

Este curso queremos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero cunha intervención artística na entrada da nosa escola para o que necesitamos a axuda e colaboración das familias.

O vindeiro luns ao chegar, vos invitamos a escribir nos cristais da entrada unha palabra que fomente o respecto e o cariño nas relacións entre persoas.

Porque a importancia do respecto e a loita contra a violencia é cousa de todos/as e cada un/ha de nós.




Mulleres en acetato de cores cortadas coa Impresora de corte.






Asamblea cantada

O Día da Música comezou en Barrionovo cunha asamblea cantada na biblioBN.





martes, 19 de noviembre de 2024

Mochilas fedelleiras viaxeiras!

Arrinca o préstamo das mochilas fedelleiras deste curso 24-25
As mochilas viaxarán de casa en casa semanalmente.
Deberán vir de volta o luns seguinte.
Procurade revisar o estado dos xogos de volta á escola.
Calquera incidencia comunicádello as profes.
GRAZAS!
Desfrutade do préstamo!!