lunes, 11 de diciembre de 2023

Tardes de Biblio en familia: Adornos de refugallo

No taller de hoxe, coa axuda do ANPA, estivemos a realizar os nosos adornos de Nadal a partir de refugallo para as nosas árbores de Nadal.
Grazas familias


 

martes, 5 de diciembre de 2023

Martes Poesía Express: Lo que nos hace únicos

Na semana da diversidade presentamos unha adaptación deste precioso álbum que visibiliza as nosas diferencias e realza a importancia de querernos tal e como somos.






lunes, 4 de diciembre de 2023

Día da Música

 O pasado 22 de novembro foi o día da música, pero como tiñamos unha actividade de teatro na escola, aplazámolo para hoxe.


E como a música está en todas partes, hoxe enchemos o noso barrio de música:

Fumos ao mercado de Benjamín, onde nos picou unha formiga:


Tras a picadura, tivemos que visitar a farmacia a ver que remedio nos iba mellor...e lembramos todo o que necesitou "o burro" da canción tradicional para curarse...






Para a convalecencia...unha parada na librería para descansar lendo un conto...






E que mellor que unhas flores para por fin atoparnos moito mellor, e poder volver a xogar e brincar como unha bolboreta no xardín..




Tardes de Biblio en familia: O noso Nadal perfecto

Este luns propoñemos ás familias gravar o noso Nadal perfecto imitando “O meu Nadal perfecto”de Iván Vale, e que xa estamos a traballar nas clases 







domingo, 3 de diciembre de 2023

Perigo! Natureza-: a aula azul investigando


En decembro, cada día un becho:



1. VACALOURA: a metamorfose desde a fase de larva.

Larva vacaloura from biblio BN on Vimeo.



2. ARAÑA

Ian e Xoel : a Araña from biblio BN on Vimeo.

3. SALTÓN


Allegra: O saltón from biblio BN on Vimeo.



miércoles, 29 de noviembre de 2023

Atelier científico: Os bechos

Seguimos a investigar, no Atelier de Ciencia, ao redor dos bechos.
Co microscopio analizamos algún deles, patas, ás, características en xeral 
 


 

Teatro polo 25N: Lúa quere viaxar a Marte

 Este mércores, grazas a ANPA de BARRIONOVO, visitounos Zeltia, da Xanela do maxín, coa súa obra “Lúa quere viaxar a Marte”



Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.




martes, 21 de noviembre de 2023

ENAPAS: Bibiana Infante “Disciplina Positiva”


Unha xornada para a reflexión ao redor da maneira de educar e coma afrontar novos retos.
Dúas palabras clave, Amabilidade e firmeza, as claves do éxito, e coma non, paciencia e perseverancia.
Mestras e familias traballamos na mellora das nosas habilidades da man dunha experta como é Bibiana Infante.

 

lunes, 20 de noviembre de 2023

Tardes de biblio en familia: Títeres e cricut

Esta tarde desfrutamos do conto “La protesta” de Eduardo Lima, á través dun teatro de sombras con títeres


Despois en familia aprendimos coa Cricut a facer os nosos títeres que despois decoramos con celofán de cores

 

miércoles, 15 de noviembre de 2023

EncontRos BN: Taller Bechos


Neste mes da ciencia estamos a investigar os bechos e que mellor maneira que observando e tocando bechos reais da man dun biólogo, Miguel Santamaría.
Miguel adentróunos no mundo dos artrópodos e os seus tipos, que principalmente podemos distinguir polo número de patas




Foi súper interesante e aprendimos un montón de cosas que seguro non olvidaremos






 

martes, 7 de noviembre de 2023

Samaín 2023

 O Samaín de Mamá Cabra serviu de inspiración para este terrorífico…Croma de Medo!

O Samaín 23 from biblio BN on Vimeo.