sábado, 30 de septiembre de 2023
martes, 26 de septiembre de 2023
Se pan de Millo vas merendar…
Onte os tíos de Ainara e Leire (ex alumnas da nosa escola) invitáronnos a ver coma recollían o millo e máis Cabazas na súa horta.
Con eles aprendimos novas cousas da horta e máis puidemos levar millo e cabazas para decorar polo Samaín.
Grazas Familia!!
Na clase seguiremos a investigar sobre estos productos da horta
A nosa contorna máis próxima está a ser a base do noso PDI
Por último recordamos e cantamos a canción “Pan de Millo” de Migallas
Bechos no parque! Perigo!…Natureza
O parque é o noso mellor recurso, xa que nel estamos a topar un montón de bechos moi interesantes.
Tentamos fotografar e escanear para descubrir as diferentes especies.
Xa na clase algúns deciden investigar, e para iso botamos man do Inventario de insectos de Kalandraka.
Na clase de 5 están a buscar sobre a Mantis Relixiosa, un insecto ben interesante.
lunes, 18 de septiembre de 2023
Hora da merenda con Paxariña de papel
Rematado o período de adaptación, o alumnado de 4º de EI, introduciu o momento da merenda a través do conto "Paxariña de papel":
Froita para comer, auga para beber.
De agasaio levaron unha paxariña feita coa cricut.
martes, 12 de septiembre de 2023
EncontXos BN: Quen é ese becho?
Quen é ese becho?
De lunares, a raias, con cen pés… tan diferentes pero especiais coma cada un de nós, así son estes bechos cos que arrinca o noso PDI
A profe Lara e o profe Juan puxeron voz e música a este conto de kalandraka cantado por Paco Nogueiras
Anímaste a coñecer un pouco máis da nosa contorna?
Perigo! Natureza