jueves, 27 de abril de 2023

Mes do libro en Familia: Andrea e o seu pai

Marcos, papá de Andrea contóunos “Salvaje” de Andrés Guerrero
Moitas Grazas Familia por vir a nosa Biblio!


 

Mochilas Fedelleiras

Mochilas Fedelleiras en préstamo!
Solicita a túa e leva a casa toda a creatividade da nosa escola!
Lóxica, lectoescritura, creatividade, robótica...
Adaptadas a cada grupo de idade
Poderedes tela na casa ata unha semana

Recordade que tamén podedes vir todos os luns de 16:00 a 17:00 e levar xogos, escornas, contos... e moito máis




 

Mes do libro en Familia: Erik e o seu Pai

Dani leu o marabilloso conto “Quién hay dentro” de Mar Benegas
Grazas familia por compartir conosco!


 

martes, 25 de abril de 2023

Mes do libro en familia: Alejandra e a súa Nai

Hoxe Ana, Nai de Alejandra, contóunos “NO a todas las niñas les gusta el rosa” de David Pintor editada por Anaya.
Grazas familia por participar e ser parte da escola!

 

Atelier creativo: pigmentos naturais

 Como estamos na prehistoria esta semana seguimos a experimentar cos pigmentos naturais, que poderían utilizar nesta época para as pinturas rupestres


 O primeiro foi recoller remolacha que tiñamos plantada en macetas

E tamén... Cenorias, flores, follas...

Trituramos  coma na prehistoria e obtemos  diferentes cores 

lunes, 24 de abril de 2023

Mes do libro en familia: Nai de Sabela

Hoxe Miriam, nai de Sabela, contóunos “Tan especial como quieras ser” de Raquel Díaz Reguera, editada por Destino.
Grazas familia por dar vida a nosa escola!

 

Día do libro 2023: “Dar de Ler”

 Este ano, apoiándonos no marabilloso texto de Montse Pena Presas “Dar de Ler”, elaboramos este vídeo, que recolle o traballo ao redor dos libros ao longo de todo o curso, porque na BiblioBN

 “TODOS OS DÍAS SON O DÍA DO LIBRO”


E Despois, para traballar ao redor do texto...



#PEGADASOCULTAS: A ORIXE DA MÚSICA

 

DESCUBRIMOS A ORIXE DA MÚSICA CUNHA PROPOSTA NO ESPAZO FEDELLEIRO E UNHA EXPLICACIÓN VIRTUAL DA MAN DE ABRAHAM CUPEIRO



DESPOIS PUIDEMOS DISFRUTAR DO OBRADOIRO DE CREACIÓN DE INSTRUMENTOS.
UNHA DAS PROPOSTAS FOI UNHA BRAMADERA OU ZUMBADORA


Outra facer axouxeres con cartón e pedriñas  



Bramadera o zumbadora from biblio BN on Vimeo.

jueves, 20 de abril de 2023

Mes do libro en familia: Nai de André

Este Mércores Ingrid, Nai de André, contóunos “Clementina y los planetas” de José Carlos Román editado por miau
Grazas familia por ser parte da nosa biblio!



 

martes, 18 de abril de 2023

Visita á Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”

Visitamos a biblio de Pastoriza para escoitar un marabilloso conto
 Á saída agasalláronnos cun conto para cada un, contos en bo estado que están a expurgar

Se queres enterarte de todas as actividades podes facelo por whatsapp, toda a información na biblio Miguel Sande
Ademáis tódolos mércores pola tarde contacontos en familia.
Anímate!


lunes, 17 de abril de 2023

Atelier creativo: Pinturas rupestres “Sangue de Mamut”

Imitando a Croniñón, no conto, pintamos coa “Sangue de Mamut” a cal conseguimos con pigmento natural vermello mesturado con agua.
Velaiquí o magnífico resultado que case parece real.

 



viernes, 14 de abril de 2023

Mes do libro en familia: Nai de Aylén

Hoxe Patricia, mamá de Aylén inaugurou as lecturas en familia, polo mes do libro, a través do conto “Cinco minutos de paz”, de Jill Murphy, editado por kalandraka


 

ABRAHAM CUPEIRO: A ORIXE DA MÚSICA

INSTRUMENTOS NA IDADE DE PEDRA


INSTRUMENTOS IDADE DOS METAIS

miércoles, 12 de abril de 2023

EncontRos BN: Paula Carballeira

 Paula Carballeira, escritora, actriz e narradora oral, entre outras facetas, visitará a nosa escola para compartir en familia o xeito de ler e contar contos, como ela tan ben o fai.

Luns 17 ás 16:00h

Esperámosvos!














martes, 11 de abril de 2023

STOP MOTION: Preparamos espazos

Despois dos dinosaurios: A prehistoria! Na aula azul preparan o novo espazo!






Martes Poesía-Express: Jugando

Voltamos cun poema de Ángela Figuera Aymerich extraído de "44 poemas para leer con niños" de Mar Benegas.









ENCONTROS BN: COMPARTINDO INFORMACIÓN: O LUME

A pasada semana a profe María trouxo ao cole a súa investigación sobre o lume: como o descubriron na prehistoria, que elementos naturais empregaban para poder facelo, os diferentes usos que tiña... 

lunes, 10 de abril de 2023

Atelier creativo: pinturas rupestres “Barro”

 Coas nosas investigacións chegamos á prehistoria e con ela descubrimos as pinturas rupestres

Comezamos pintando con barro coma os primeiros prehistóricos