viernes, 31 de marzo de 2023
miércoles, 29 de marzo de 2023
Encontros BN: Chegou O Paleolítico “Croniñon”
Celebramos o día do teatro cunha adaptación teatral do conto Croniñon, de Gay Michel, da editorial Corimbo
A través dela tentamos achegar aos máis pequenos a este momento da historia, dun xeito máis divertido, motivador e visual, que seguramente recordarán e interiorizarán
De seguido o conto completo
E por último, a canción máis de moda neste días no cole, “Churrasco de Mamut” de Pakolas
domingo, 26 de marzo de 2023
viernes, 24 de marzo de 2023
Versos no bosque: Día dos bosques e a poesía
Para conmemorar o Día mundial da poesía e dos bosques realizamos un precioso percorrido polo paseo fluvial de Arteixo no que descubrimos diferentes especies de Flora e Fauna.
Nas diferentes paradas aproveitamos para recitar poemas relacionados coa natureza extraídos de diferentes poemarios da nosa biblioteca, entre eles “Versos no bosque”, “Os soños na gaiola”...
Tamén reflexionamos sobre a necesidade de cuidalo e protexelo.
Esta saída foi ofertada polo Concello dentro do programa Educatízate.
miércoles, 22 de marzo de 2023
lunes, 20 de marzo de 2023
Lectura e Familias: “Universo Verso” Chus Álvarez
Chus Álvarez, filóloga, educadora, actriz e narradora oral visitou a nosa biblioteca dentro do programa Lectura e Familias, para deleitarnos coa súa poesía a través do espectáculo “Universo Verso”, unha escolma de poemas en galego, castelán, euskera e catalán coa que gozamos da maxia da poesía.
Grazas Chus por este marabilloso día cheo de maxia, co que festexamos o día da narración oral e o da poesía
viernes, 17 de marzo de 2023
jueves, 16 de marzo de 2023
martes, 14 de marzo de 2023
lunes, 13 de marzo de 2023
viernes, 10 de marzo de 2023
jueves, 9 de marzo de 2023
8M: Mulleres Guerreiras, Mulleres conectadas
Esta semana estivemos a traballar o 8M a partires das miradas das mulleres máis importantes para cada un de nós e o representamos superpoñendo esas miradas ás nosas.
Con esta composición fixemos unha intervención artística na entrada da escola para compartirlo con toda a comunidade.
A continuación este mércores a profe Silvia representou o conto “Diosa guerreira”, para conmemorar a importancia de todas as nosa mulleres que LOITARON polos seus dereitos
Por último a profe Lara recordóunos un HIT da nosa escola FEMINIST BABY
Cantamos e celebramos este día
FELIZ DÍA DA MULLER !
martes, 7 de marzo de 2023
lunes, 6 de marzo de 2023
Descubrindo a IDADE DE PEDRA
A aula azul visitou a Bibliobn para buscar fondos onde poidamos descubrir cousas sobre os primeiros homes/mulleres na historia do planeta terra.
domingo, 5 de marzo de 2023
viernes, 3 de marzo de 2023
A evolución continúa: chegou a extinción!!
Esta semana chega un novo reto da man da BiblioBN, chega a extinción dos Dinosaurios e con ela a evolución doutros mamíferos que pouco a pouco darían nos primeiros humáns.
Pero cómo foi este tránsito?
miércoles, 1 de marzo de 2023
#pegadaspolapaz: CULTURA, TRADICIÓN, DIVERSIDADE
A última visita. Ana a não de Alejandra compartiu con nós unha xornada de música e xogo.
#pegadaspolapaz. Ana e Ale from biblio BN on Vimeo.