Mini Contos de Samaín

Durante esta semana de Samaín, a aula Azul estivo a crear historias co xogo "Story cubes" do Espazo Fedelleiro. Podedes escoitar algunha delas no seguinte vídeo.


Historias de samain from biblio BN on Vimeo.

jueves, 27 de octubre de 2022

Momias coa Cricut

 Unha das propostas dos rincóns esta semana de Samín, foi realizar unha momia que preparamos previamente coa impresora de corte:






martes, 25 de octubre de 2022

Martes Poesía-Express: A Cociña da bruxa





Despois de escoitar que cousas hai na cociña da Bruxa...

 TOCA POÑERSE A COCIÑAR!

No espazo Fedelleiro estase a cocer un obradoiro de cociña durante toda a semana. A aula azul xa cociñou unhas ricas galletas co ingrediente protagonista desta semana de Samaín: CABAZA!!!! 

Cada día da semana, cada aula cociñará cadansúas galletas.




SE QUEREDES COCIÑAR NA CASA, ESTA É A RECEITA QUE NOS TROUXO A BRUXA:





lunes, 24 de octubre de 2022

EncontXos BN polo Samaín: "A pantasma das bragas rotas"

Hoxe, día das bibliotecas, celebrámolo con este fantástico conto "A pantasma das bragas rotas", de Nube ocho ediciones, a través dun teatriño de sombras.
Pasámolo de MEDO!!

E despois... fixemos entrega dos carnés dos novos usuarios da biblioteca.
Feliz Día das Bibliotecas!!







 

domingo, 23 de octubre de 2022

miércoles, 19 de octubre de 2022

A miña pegada no mundo

O noso proxecto non só nos invita a investigar as pegadas que xa existen no noso planeta, senón que tamén nos fai reflexionar sobre cales son as que nós queremos deixar.

Coa actividade "A miña pegada no mundo", queremos reflexionar sobre o noso compromiso con e para a Terra.



EncontRos BN: Sabela Trelles


Hoxe tivemos a sorte de contar, na nosa biblioteca, coa presenza de Sabela Trelles, escritora galega, que nos contou un dos seus contos "Que queres ser de maior, pequena", da editorial Xerais.
E que mellor maneira que a presenza dunha muller, escritora, e galega, para conmemorar a semana das escritoras nas bibliotecas escolares.
Grazas Sabela polo teu tempo e por axudarnos a alimentar a nosa IMAXINACIÓN!






E coma despedida... firma no libro de visitas e agasallo 3D



Na aula dos maiores fixemos un dos xogos que nos popuxo tras o conto. 
Poñemos a nosa imaxinación e creatividade en marcha inventando novas palabras como inspiración para escribir historias.


 

Personalizando o Escornabot

Grazas ao repositorio Thingiverse imprimimos estas bases para os olliños do Escornabot e máis uns volcáns para utilizar coma obstáculos.

 

domingo, 16 de octubre de 2022

Día das escritoras

Esta semana conmemoramos o Día das Escritoras cunha selección de contos escritos polas nosas escritoras e que leremos nas aulas no momento do conto

 

sábado, 15 de octubre de 2022

Escornabot: "Esquiva os volcáns"

Aproveitando que o inicio do proxecto comeza coa formación do planeta terra a partires de volcáns preparamos unha plantilla con volcáns impresos en 3d os cales teremos que evitar para poder chegar á meta.
Coidado non te pille a lava!

 

viernes, 14 de octubre de 2022

Tardes de Biblio en Familia: contacontos e actividade sensorial


Recordade que ademáis podedes vir e levar contos e xogos en préstamo! 
(Tódolos luns de 16:00 a 17:00)

 




jueves, 13 de octubre de 2022

Volta o Taller TIC ó Espazo Fedelleiro

Arrinca o Taller Tic, que volvemos a levar a cabo no Espazo Fedelleiro.
Nas primeiras sesións recordamos ou coñecemos, no caso da aula de 3 anos, ao noso Escornabot e tentamos chegar á meta de sinxelos percorridos.



 

miércoles, 12 de octubre de 2022

Período "HADEANO"

 H   A    D    E    A    N     O

Período no que a terra era extremadamente quente, coma un océano de lava. Lluvia de meteoritos caían sobre a terra, e a atmósfera era espesa e amarelada. A lúa xa estaba alí pero moito máis preto...

Así comeza a primeira parte de "A Gran Expedición", de editorial Pipala, e a partires da cal comeza a nosa investigación de coma comezou a vida na terra.



O equipo de investigación da Aula Azul queren saber máis. Para iso visitaron a BiblioBN, xa que nela hai unha sección adicada ao proxecto. Aylén descubriu un libro especializado en volcáns!!





Agora seguirán investigando e compartindo as súas investigacións coas demáis aulas!
Grazas equipo!

martes, 11 de octubre de 2022

Martes Poesía-Express: Equilibrista

Poema extraído de "Érase una pez" de Miki Naranja e recitado co apoio da luz negra.


 



viernes, 7 de octubre de 2022

Arrinca o préstamo semanal

Todo preparado para que comece o préstamo semanal

@s nen@s da aula de 5 anos estiveron a escoller os fondos que levarán para clase para o seu préstamo semanal. Para iso visitaron tanto o Espazo Fedelleiro coma a BiblioBn coa única consigna de que deberían coller contos de tódolos espazos e clasificacións (para que me lean, mundo que me rodea...)


 

miércoles, 5 de octubre de 2022

Volta o préstamo semanal das aulas



Cómo fan o préstamo nas aulas de 3 e 4 anos
 


Así rexistran na clase...


E estos son exemplos das súas libretas


Cómo fan o préstamo na aula de 5 anos


Rexistramos...


E así cubrimos a libreta na aula de 5




martes, 4 de octubre de 2022

EncontrosBN: #pegadasOcultas "Así comezou todo"

Hoxe comezamos o día cunha actividade sensorial, que servirá de inicio ao noso proxecto. No Espazo Fedelleiro esperaba un volcán interactivo, e un video que nos fixo pensar sobre cómo sería o inicio da vida na terra.

Agora tócanos investigar quenes foron os primeiros animais en poboar o noso planeta e máis as pegadas que nel deixaron.

Anímaste a investigar??

Xa na clase decoramos o noso volcán, que podedes ver coa app de realidade aumentada Quiver (ver o titorial)


Titoriais Quiver para ver o Volcán en erupción

Poderedes acceder a aplicación de xeito gratuíto durante uns días seguindo as instrucións e accedendo a través deste enlace do cole.
Calquera dúbida consultade ás mestras