martes, 31 de mayo de 2022

Martes Poesía-express. Arrolo de Domaio.

Arrolos. As primeiras poesías que escoitamos.


    

 E para cantar...

 

Colaboración 3d intercentros: Biblio-Teca "CEIP San Pedro de Visma"

A semana pasada tivemos un encargo moi especial, @s nen@s do Ceip San Pedro de Visma precisan os aros olímpicos para elaborar unhas pulseiras, que serán o agasallo final do seu PDI, e coma non teñen impresora 3d seremos os encargados de imprimilas.
E coma precisan 350... puxémonos mans á obra!



domingo, 29 de mayo de 2022

As familias contan: Tía de Enma

Este Venres a Tía de Enma, e mamá e tía de Sara e Iria (exalumnas da escola), voltou á escola para ler o conto "O ladrón de Paraugas", onde Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento. Para descubrilio emprenderá unha gran viaxe collido da empuñadura dun paraugas.
Grazas por seguir a formar parte da familia de Barrionovo!!


 

Encontros BN: Encontro pola reciclaxe


Este Venres visitóunos Santi, o pai de Aria, da aula rosa.
Contóunos en que consiste o seu traballo e como se leva a cabo a reciclaxe, así coma os novos productos que se poden obter.
Por último estivemos a clasificar a basura que levamos da casa e máis a depositamos no seu contedor correspondente.
Grazas Familia por ser parte da nosa escola!!!

jueves, 26 de mayo de 2022

As familias contan: Nai de Camila

A nai de Camila contounos "O pirata pata de lata", este revoltoso bucanero terá problemas para atopar alguén con quen pelexar.
Grazas familia por compartir lecturas connosco e entrar a formar parte desta familia de Barrionovo!


 

miércoles, 25 de mayo de 2022

As familias contan: Pablo Pai de Galicia

Pablo Mariño leunos o marabilloso conto "Diferentes Diferenzas" de Silvia Penide, editado por Bululú.
Nel puidemos ver que todos podemos ser tan diferentes... e a vez tan divertidos!
Grazas familia por ser parte da nosa escola, da familia de Barrionovo!



 

viernes, 20 de mayo de 2022

Instalación Espacial III

Seguimos recreando e imaxinando o Espazo e para iso Barri preparou esta nova instalación artística coa que puidemos imaxinar, crear e recrear, a través do xogo libre e a manipulación, ademáis de experimentar coa luz e os seus efectos.

Creamos e imaxinamos naves espaciais, cohetes, ovnis, extraterrestres e incluso... O Principiño!











 

Día internacional dos museos: Visitamos a exposición "Mirar de novo. A muller contra o tempo"

Este mércores 18, Día dos museos, non podiamos celebralo de mellor xeito que de visita á  exposición "Mirar de novo. A muller contra o tempo" da Fundación A Banca da Coruña, que toma coma punto de referencia obras creadas por artistas mulleres.

 


lunes, 16 de mayo de 2022

Encontros BN: Festexando as Nosas Letras!

Este venres festexamos as Letras Galegas convidando ás familias á escola.
A Asociación Cultural Donaire, xunto con Víctor Iglesias e Ramón (o tío de Leire) foron os encargados de amenizar a xornada.

Compartimos un día de troula con Gaiteiros, bailes e a presentación da nosa Encurta adicada á vida do homenaxeado deste ano "Florencio Delgado Gurriarán"


(As familias no Espazo Fedelleiro desfrutando da Encurta, por quendas de aula)

Grazas a tod@s por facer posíble de novo estas xuntanzas en familia, que fan medrar e enriquecer  a nosa comunidade educativa

viernes, 13 de mayo de 2022

As familias Contan: Nai de Antón

Hoxe a mamá de Antón leu este marabilloso conto "Porque te quero moito" de Hércules edicións, un emotivo álbum ilustrado sobre o vencello entre unha avoa e a súa neta.
Grazas Lorena!!



Grazas a ti por ser sempre parte da nosa escola!
E porque nunca sexa o último!



 

As familias Contan: Nai de Álex

As familias seguen a participar dos nosos EncontXos e neste caso a mamá de Álex contou "Boas noites a todos" de Nubeocho
Todos os animais parece que teñen sono e comezan a boquexar, todos menos osiña, que lle pasa que non quere dormir?
Recorda que todos estes contos podes levalos de empréstito da nosa biblioteca.
Grazas familias!!


 

jueves, 12 de mayo de 2022

As familias contan: Tía de Leo

Seguimos a contar na biblioBn e este mes sempre...
En Galego!
Neste caso a tía de Leo contou "Coidado coa charca"
A nosa charca é un sitio singular, aos animais do bosque gústalles moito pero… un, dous, tres… plof! que ocorreu na charca? A abella, a mosca, a xoaniña, o caracol, o coello, o ourizo e ata un elefante desfilarán por este divertido conto.
Grazas familias por participar!!






 

miércoles, 11 de mayo de 2022

Reto: Os Aneis de Saturno

Esta semana Barri, na BiblioBn, tíñanos preparado un novo experimento planetario. Despois de achegarnos, e falar do que viamos, chegamos a conclusión de que podería ser Saturno. As pedras serían os seus satélites, que sabiamos eran rochosos, pero... porqué cando os vemos parecen aneis?

Imos a comprobalo!

Parece que xira!

Despois recordamos a información de Saturno, do apartado de Recursos do blogue, que a diario consultamos na clase a través das rutinas.

As familias contan: Nai de Noa

Polo Mes das Letras seguimos a contar na BiblioBN e hoxe a mamá de Noa leunos un clásico que sempre é un éxito "O Coelliño Branco", de Kalandraka.
Grazas familias por compartir lecturas connosco!


martes, 10 de mayo de 2022

As familias Contan: Pai de Erik

As familias seguen a contar moito en Barrionovo, esta vez o Papá de Erik leu o conto "Rumores no bosque" de Pilar Serrano e editado por OQO 
Grazas familias pola vosa participación!!


 

lunes, 9 de mayo de 2022

EncontXos BN: "Hotel de Bichos"

Coa chegada da primavera o noso horto énchese de plantas e insectos que debemos coidar e respetar, de xeito que éstes favorezan a fructiferación do mesmo.
Para iso aproveitamos o marabilloso "Inventario de insectos" de Kalandraka para coñecelos mellor, respetalos, e darlles un acubillo no noso horto.


 

viernes, 6 de mayo de 2022

Venres de EnCurtas: "Aí ven o Maio"

 Adaptación musical dos versos de Florencio Delgado, homenaxeado polo Mes das letras 2022, cantada polo alumnado do Ceip "Julio Gurriarán" do Barco de Valdeorras

jueves, 5 de mayo de 2022

As familias Contan: Adriana Nai de Julia

As familias seguen animándose a contar na nosa escola! 
E continuando co Mes das Letras agora farémolo... 
en Galego!
Estes días a Nai de Julia e Daniella (exalumna do cole) contou unha das novidades de Kalandraka "Chuvisca", onde, dende a sinxeleza, presenta unha certa metáfora desta nosa sociedade individualista que dende a solidariedade, convivencia, colectividade e comunicación pode mellorar.


Un pequeno resumo na canle de Kalandraka TV:

martes, 3 de mayo de 2022

Martes Poesía-Express: "A Salve"

 Esta semana coñecimos a poesía de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado das Letras Galegas 2022.

Él mismo visitou a BiblioBn para contar a súa historia. Florencio "o poeta que cruzou o océano" presentóuse na nosa escola coa súa maleta a piques de partir cara México a bordo do "Ipanema".

Ademáis recitou un dos seus poemas "A Salve", do cancioneiro da loita Galega, a través do cal mostrou o amor que tiña por Galiza e a morriña da súa terra.


Estade ben atentos pois nestes días descubriremos máis cousas da súa vida e máis tentaremos recreala.




EncontrosBN: A Basura espacial

Hoxe descubrimos que é a basura espacial a travás destes vídeos que chegaron ao noso correo da aula grazas ás familias


Despois de velos falamos na aula de que nos parecía e que se podería facer para solucionalo
Por último reescribimos a noticia e ilustramos