lunes, 31 de mayo de 2021

#camiñanteSIhaicamiño: Minimundos 3D do camiño

 Este é o resultado dos deseños 3D creados polos nen@s da escola en relación ao noso proxecto do camiño.

Cada aula contará cunha caixiña cos monumentos e símbolos do camiño francés traballados e creados por eles: Ponte Áspera, Torre Doncos, Castelo de Pambre, Palloza...





sábado, 29 de mayo de 2021

Tributo a Eric Carle

Esta semana deixábanos o afamado escritor e ilustrador Eric Carle, un referente da literatura infantil, moi presente na nosa Biblio BN. 

Quixemos rendirlle unha pequena homenaxe adicando este venres de Online Storytelling á lectura do seu conto máis icónico, traducido a 66 idiomas, The very hungry caterpillar. A nosa auxiliar de conversa Jenny foi quen levou a cabo a lectura.

Ate sempre, amigo!

miércoles, 26 de mayo de 2021

Encontros BN: "Obradoiro Musical"


Este xoves e venres visitou a BiblioBN Camilo quen nos trouxo un obradoiro creativo de experimentación e gravación musical.

O xoves ensinounos a manipular diferentes aparellos electrónicos e a gravar e distorsionar a nosa voz e instrumentos. Puidemos experimentar e gozar de diversas composicións propias, así como coñecer os programas informáticos empregados para a gravación.



O venres gravamos as nosas voces e instrumentos co fin de crear un disco coas cancións que compuxemos ao longo do curso coas "Punk&Blues Teachers". Cada aula levaba un tema ensaiado e por grupos baixamos ao Fedelleiro a facer as nosas achegas.

Aquí podedes ver unha pequena mostra:


domingo, 23 de mayo de 2021

EncontrosBN: "Músicas do Mundo"

Grazas o ANPA de Barrionovo este venres visitáronnos Nuria e Víctor para deleitarnos cos seus instrumentos e percorrer con eles diferentes partes do noso Planeta, nestes tempos no que viaxar tornouse ben complicado.
En quendas, e no exterior, desfrutamos da súa música e máis bailamos ao seu ritmo.





Grazas por este marabilloso concerto que nos fixo viaxar ao redor do mundo!!
E grazas o ANPA de Barrionovo que fixo posible esta visita!

sábado, 22 de mayo de 2021

Okupación escornabótica: Animais e flores do camiño

As familias desfrutan ,xogan e crean as súas propias plantillas para o noso escornabot.
Grazas familias por colaborar e aportar ao traballo de aula!


 

viernes, 21 de mayo de 2021

martes, 18 de mayo de 2021

Encontros Bn: Mico Rabuñal

Hoxe visitounos Mico Rabuñal, escultor coruñés que convirte a pedra nun obxecto realista e detallado. Co traballo que realiza consegue crear obxectos sorprendentemente realistas dentro da técnica do Pop Art.
Na súa visita mostrounos as súas ferramentas de traballo así coma a técnica que utiliza a hora de levalos adiante.


O seu traballo pode recordarnos aos canteiros que traballaban na catedral e que estamos a coñecer a través de obras coma as gárgolas


Despois nas aulas ilustramos a súa visita deste marabilloso xeito
Tamén probamos a traballar coma un escultor, realizando as nosas propias obras con pasta de modelar

Grazas pola visita e por compartir o teu magnífico traballo!!

Grazas tamén o ANPA da escola por agasallarnos con esta visita!

lunes, 17 de mayo de 2021

Feliz Día Das Letras Galegas: Stopmotion Xela Arias

Neste mes das letras seguimos a traballar no Atelier  PI-XELA-ME do noso Espazo Fedelleiro, onde esta semana elaborouse este Stopmotion a partires de fotos sacadas por eles mesmos coa cámara Polaroid e letras creadas cos materiais de refugallo do noso espazo.


Por outra banda, despois de escoitar o relato "Hai un Monstro no Váter", do libro Non te amola!, crearon este outro Stopmotion pintando... con escobillas do váter!

E moito máis no noso blogue 

Barrionovo Fala Galego

sábado, 15 de mayo de 2021

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: #camiñanteSIhaicamiño

 SEGUIMOS A DESFRUTAR DE TODO TIPO DE PLANTILLAS PARA O ESCORNABOT COAS CALES SEGUIMOS A APRENDER DO NOSO CAMIÑO
CON GALICIA PERCORRIMOS O CAMIÑO FRANCÉS A TRAVÉS DA MÚSICA, ESCOITANDO DIFERENTES GRUPOS E ESTILOS MUSICAIS.
CON ANTÓN ELEMENTOS QUE PRECISAMOS PARA FACER O NOSO CAMIÑO.
MANU E O SEU IRMÁ DAMIAN XOGARON CO ESCORNA EN FAMILIA E APRENDERON UN MONTÓN DE COUSAS DO CAMIÑO FRANCÉS.
MARI E JUAN FIXERON UN VIDEO XOGANDO CO ESCORNABOT NA CASA.
A CONTINUACIÓN TODAS AS APORTACIÓNS!
GRAZAS FAMILIAS POR SEGUIR PARTICIPANDO E FACENDO ESCOLA!!







jueves, 13 de mayo de 2021

Mes das Letras: Atelier Audiovisual "PI-XELA-ME"

 Este mes das letras o Espazo Fedelleiro e o Equipo de Normalización presentan...

O atelier Audiovisual "PI-XELA-ME"

Nel poderemos experimentar con diferentes técnicas e medios audiovisuais.

Stopmotion, Video, Croma e Fotografía (Cámara Reflex e Polaroid) para coñecer un pouco máis a escritora homenaxeada este curso "Xela Arias"


Preme aquí para ver máis

martes, 11 de mayo de 2021

Poesía Express: "Darío a Diario" de Xela Arias

 Comezou o Mes das Letras e por iso na BiblioBn queremos adicar a nosa poesía a diferentes fragmentos da súa obra.

Arrincamos este martes cun poema do libro "Darío a Diario", no que Xela escribe ao redor da maternidade, reescrita dende unha perspectiva de xénero.


Reto 5 #camiñanteSIhaicamiño: Podemos facer algo?

A nosa profe Mayte está a percorrer o camiño connosco e quere lanzarnos unha pregunta...

Coidámolo coma se merece??

Que poderiamos facer?

 



martes, 4 de mayo de 2021

Mes do libro: As familias contan "Miguel e Laura"

 Seguimos a recibir fantásticas lecturas en familia, neste caso Laura e o seu irmán Miguel (antiguo alumno da escola) contan... "El Buen Lobito"

Grazas por seguir a formar parte da gran familia de Barrionovo!!


lunes, 3 de mayo de 2021

Mes do libro: As familias contan "Martina e Mamá"

As familias seguen a contar en Barrionovo!!

Hoxe Martina e Mamá contan este fantástico conto "GUAY" que nos fará pensar na importancia de non xulgar polas apariencias.

Grazas Familia!!

 


sábado, 1 de mayo de 2021

MENÚ DO PEREGRINO

Despois do Encontro cunha peregrina cadaquén realizou o seu menú do Peregrin@, típico ao longo do camiño
Bo proveito!!

 

Arquitectura do camiño en 3D: Ponte da Áspera

Debuxamos e imprimimos a nosa ponte de Sarria coa que despois faremos un traballo de Arte