Unha entrevista moi significativa na que os nenos e nenas demostraron o aprendido durante este trimestre sobre o CAMIÑO FRANCÉS e onde puideron solventar algunha que outra dúbida.
PAULA, familar de Andrea, realizou o Camiño Francés tres veces comezando sempre en Pedrafita. Algunhas das preguntas e respostas máis interesantes:
-Gustouche facelo?: Si, moito, e quero volvelo a facer unha cuarta vez.
- Había moita xente?: Si, o camiño de Santiago faino moita xente de outros lugares, e coñeces a un montón de xente. Eu coñecín persoas do País Vasco, Andalucía, Cuba...
- Como fixeches o Camiño?: As tres veces o fixen andando.
-Probaches algunha comida típica?: Nos restaurantes sempre había o " Menú do peregrín", que normalmente tiña Caldo Galego de primeiro prato, e tarta de Santiago de postre.
- Cansabaste? Camiñabas moito?: Un pouco si que cansas. Hai que madrugar moito. Levantábame as 6 da mañá e camiñamos ata a hora de xantar. Máis ou menos 20 km cada día. Pola tarde descansabamos e paseabamos polas vilas.
-Cal foi o sitio que máis che gustou?: O sitio máis bonito foi RIBADISO, onde no albergue había cuadras de cabalo, e durmín mirando as estrelas metida no saco.
-Viches fitos?: Si, todo o camiño está cheo de sinais que indican por onde seguir, coa frecha amarela.
- Subiches moitas escaleiras?: Si nalgún sitio hai que subir escaleiras,
-Sería na escalinata de Portomarín? Pode ser , si tes razón.
-Viches as Pallozas no Cebreiro: Si, ademáis alí moitas das antigas pallozas agora son tendas.
-Había moitas costas? Si, moitas. Pero o peor non é subilas. É baixalas. Eu manqueime nos xeonllos nas baixadas.
-Que cousas levabas na mochila?: Uns tenis, o saco, roupa...e o finalizar cada etapa limpábamos os pés con alcol de Romero.
- Como te sentiches ao ver a Catedral?: Moi emocionada. Pero o momento máis bonito para os peregríns é cando se chega ao Monte do Gozo. Alí todo o sufrimento do Camiño, ten a súa recompensa.
Ademáis amosounos unha chea das súas fotos...