domingo, 31 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: Grazas familias "Contos e poesías"

As familias seguen a participar de todas as actividades que eles propoñemos.
Grazas!!











viernes, 29 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: RECEITA SEMANAL

E se vos apetece... outra receita para facer en familia. Recordade que a receita é perfecta para traballar diferentes aspectos como a lectoescritura, mates...
Bo proveito!!

#QUEDANACASA XLI: Cada día un conto... "Colores"

Un conto máxico para coñecer as cores e as súas mesturas da man de Hervé Tullet, estás preparado?

domingo, 24 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: Tribu india #mesturarte II

O noso proxecto non para! Investigamos...Os indios americanos
Cultura, vivenda, costumes...
E a tribu de barrionovo... segue crecendo







#QUEDANACASA: GRAZAS FAMILIAS

GRAZAS FAMILIAS POLOS VOSOS TRABALLOS:

CONTOS



 EXPERIMENTOS

POESÍAS


 CELEBRACIÓNS

 ARTE

MÚSICA
RECEITAS

PSICOMOTRICIDADE
 MATES

REFUGALLO




viernes, 22 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: RECEITAS

Esta semana a receita ven da man de Katrina, a nosa English Teacher, estate ben atentos!!

martes, 19 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: ARTE E ARQUITECTURA

Hoxe coñeceremos a rinus roelofs, matemático e escultor.
Traballa con figuras xeométricas, coas que crea esculturas incríbles en metal, madeira, papel, impresión 3d...
Algunhas das súas esculturas lémbrannos a xogos de construción en 3d con pezas encaixables.
Con un pouco de imaxinación poderemos elaboralo na casa


 Anímate e constrúe o teu propio xogo!


lunes, 18 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Hoxe é o Día Internacional dos Museos e para celebralo podedes visitar virtualmente diferentes Museos de Galicia
Preme na imaxe

E se premes na seguinte imaxe poderás acceder as actividades en liña que levará a cabo o Museo de Belas Artes da Coruña para o día de hoxe.
Unha delas a publicación das aportacións #museonacasa e "Voces do Museo" 
(nas que participou o noso centro)

Tamén no blogue de tics podedes descargar a app do Museo de Belas Artes

Feliz día dos museos!!

domingo, 17 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: Letras Galegas 2020

Durante estes días pedimos aos nosos nen@s unha pescuda ao redor da figura de Ricardo Carvalho Calero e aquí tedes por fin o vídeo definitivo
Por outra banda estamos a levar a cabo un reto proposto dende a biblioteca do Ceip Saco e Arce de Toén no que tiñamos que topar a rúa Ricardo Carvalho Calero na nosa vila. 
Grazas pola marabillosa proposta!!
E estas son as nosas achegas...



viernes, 15 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: RECEITAS

Coma tódolos venres unha nova idea para o voso receitario. Coma xa comentamos outras veces a receita é unha excusa perfecta para traballar diferentes aspectos (matemáticas, lectoescritura...) dentro dunha actividade divertida, e de compartir en familia.
Sabedes que podedes escribir a nota do súper, a receita, sacar fotos do proceso... e por suposto comela!!

#QUEDANACASA XXXV: Cada día un conto e os venres...EnCurta

Este Venres adicamos a EnCurta a figura de Ricardo Carvalho Calero.
Esta primeira é un telexornal elaborado polos nen@s do Ceip Plurilingüe dos Dices

A seguinte é un preguntorio musical ao redor da figura de Carballo Calero

E por último un pequeno traballo, feito dende o confinamento, das nenas e nenos da Nosa escola



Feliz Día das Letras Galegas!!

jueves, 14 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: Colaboración Letras Galegas co Ceip Saco e Arce de Toén

Nestes días recibimos un reto dende a Biblioteca do Ceip Saco e Arce de Toén, Ourense, para topar na nosa vila a rúa adicada a Ricardo Carvalho Calero e facer alí unha foto, recitar unha poesía...
E por suposto aceptamos o reto e aquí tedes os primeiros resultados
Grazas familias por participar!!
E Grazas o Ceip Saco e Arce de Toén pola proposta!!





#QUEDANACASA: RETO MUSEO BELAS ARTES

"Imitando un cadro do museo de belas artes"

Xa temos as primeiras obras de arte!!


SE TE ANIMAS TES QUE:
1.ESCOLLER UNHA DAS OBRAS DO VIDEO
2. REPRODUCILA CON IMAXINACIÓN
3. ENVIALA COS TEUS DATOS A: 
mu.belas.artes.difusión@xunta.gal

#QUEDANACASA XXXIV: Cada día un conto "As pitas baixo a choiva"

Hoxe esperamos que desfrutedes co conto "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado polas Letras Galegas 2020

miércoles, 13 de mayo de 2020

#QUEDANACASA XXXIII: Cada día un conto ou unha poesía "FERROL 1916"




Un poema debuxado é un CALIGRAMA, outro xeito de facer poesía. Velaquí outros exemplos:





Animádesvos a escribir facendo un CALIGRAMA? Pode ser unha rima, unha adiviña, unha frase ou palabras soltas. Podedes xogar co voso nome e cos da vosa familia, crear ao voso gusto. A clave é que o debuxo represente algo sobre o que estades a escribir