viernes, 31 de enero de 2020
jueves, 30 de enero de 2020
EncontXos BN: Día da Paz e da Ilustración
HOXE A PROFE LARA ILUSTROU O DÍA DA PAZ CO CONTO PORQUE? DE KALANDRAKA.
LEMOS AS ILUSTRACIÓNS E PENSAMOS QUE COUSAS PODERIAMOS FACER PARA NON CHEGAR A UNHA GUERRA.
REMATAMOS FALANDO DAS MALAS NOTICIAS DIARIAS DOS XORNAIS, NOTICIAS QUE NON NOS GUSTAN POLO QUE DECIDIMOS ROMPER CON ELAS E FACER UN BARCO, COMA O VELEIRO VERDE, E POÑER NEL UNHA PALABRA DE PAZ.
FINALMENTE FIXEMOS UNHA INSTALACIÓN DE PAZ CON TÓDOLOS VELEIROS QUE PODEREDES VER NA ENCURTA DE MAÑÁ.
miércoles, 29 de enero de 2020
martes, 28 de enero de 2020
lunes, 27 de enero de 2020
viernes, 24 de enero de 2020
#mesturarte: Exipto en stopmotion
Seguindo co proxecto anual @s nen@s de 5 anos elaboraron unha fantástica maqueta de Exipto coa que despois no taller tic elaboraron este stopmotion.
Para ver máis información pincha aquí
Para ver máis información pincha aquí
jueves, 23 de enero de 2020
XOGANDO A CONSTRUIR: LUPO
Esta semana tivemos a inmensa sorte de contar na nosa escola coa presenza dos arquitectos Patricia e Fermín de Lupo.
Pola mañá levaron a cabo un obradoiro cos nenos e nenas nos que lles explicaron o funcionamento do sistema Lupo. Nel puidemos tocar, experimentar, xogar e tamén aprender, nen@s e mestras, distintas aplicacións didácticas deste sistema.
Pola tarde, as mestras levamos a cabo unha xornada de formación na que, xuntos, puxemos os alicerces dunha remodelación do noso patio.O potencial pedagóxico do espazo exterior, a naturalización do contorno e a posibilidade de que o alumnado teña capacidade para se mover de xeito san e seguro, estiveron moi presentes en todo momento.
miércoles, 22 de enero de 2020
Poesía-Express: Conto ata 10
Hoxe Lara e Silvia ofrecéronnos un poema para comer extraído do libro DoReMi Fantasía da Ed. Bolanda.
viernes, 17 de enero de 2020
miércoles, 15 de enero de 2020
Poesía-Express: Dona Carme
Esta semana a poesía express chegou en forma de conto rimado, o conto de Dona Carme.
"O can ladraba, o gato miañaba...pero Dona Carme non se decataba"
Un fabuloso conto de Manuel Bragado e ilustrado por Pepe Carreiro.
viernes, 10 de enero de 2020
#mesturarte: Os Masais invaden a escola
Seguindo co proxecto da nosa Biblioteca, e viaxando polo mundo, a clase de 4 anos estivo a investigar Os Masais e coma sempre facemos compartiu a información con toda a escola do mellor xeito posible... Unha festa Masai!!!