Bandeiras do mundo
viernes, 29 de noviembre de 2019
Venres de EnCurtas: Non é Non
Audiovisual realizado coa técnica do croma para conmemorar o 25 N....porque independientemente do idioma, NON sempre é NON!
jueves, 28 de noviembre de 2019
lunes, 25 de noviembre de 2019
25 N: NON É NON
Hoxe a BibliBn vestiuse de gala para recibir a Silvia Penide e Nati Navaza.
A través da música e a Linguaxe de signos fixéronnos chegar a importancia do RESPECTO.
Grazas pola mensaxe e a marabillosa maneira de transmitila,
aos nen@s e máis os adultos.
E de agasallo...
GRAZAS!!!!
domingo, 24 de noviembre de 2019
viernes, 22 de noviembre de 2019
DÍA DA MÚSICA
Hoxe celebramos o día da música na nosa BiblioBN.
A nosa profe con máis ritmo, Lara, tíñanos preparada unha encurta especial para a ocasión.
Despois de vela, desvelounos unha gran sorpresa: entre todos e todas compoñeremos unha canción sobre o que vaiamos aprendendo no proxecto #MesturArte.
Os nenos e nenas da aula laranxa xa estiveran pensando as súas estrofas así que puidemos cantar un anaquiño.
Por último, cantamos e bailamos outras cancións que nos gustan.
Para mostra un botón!
De broche final e como agasallo neste día tan musical levamos unha púa coa Clave de Fa.Atelier creativo VI : Xogamos coa ciencia
Estes mes estamos a xogar no noso Atelier Científico do Espazo Fedelleiro. Nel estamos a experimentar co magnetismo, a luz, flotación...
jueves, 21 de noviembre de 2019
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Onte celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.
Presentamos o libro Os Dereitos da Infancia de Editorial Xerais, e coñecemos a Greta Thunberg, unha nena coma nós que ven de denunciar á ONU por vulnerar os nosos dereitos ao non tomar medidas suficientes ante a emerxencia climática mundial.
Ademais de revisar cales son os nosos dereitos como nenos e nenas, vimos a Greta falando na ONU e propuxemos medidas ao noso alcance para contribuir ao coidado do noso planeta.
martes, 19 de noviembre de 2019
Poesía-Express: Sick
Esta semana foi Katie a encargada de presentar a Poesía Express.
Neste caso escolleu a poesía "Sick", de Shel Silverstein, na que a protagonista non podía ir ao cole por estar enferma, ou...iso dicía!
lunes, 18 de noviembre de 2019
DÍA DA MÚSICA: DE AQUÍ PARA ALÁ
A través do conto "De aquí para alá" viaxamos polo mundo coñecendo o seu folclore da man da artista Lydia Botana.
A súa bolboreta levounos polos diferentes continentes, nunha marabillosa viaxe musical, coa que adiantamos a celebración do Día da Música.
Pasámolo xenial ademáis de coñecer moitos instrumentos, bailes e cancións de diferentes países do mundo.
GRAZAS!!!
domingo, 17 de noviembre de 2019
Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na diversidade
Este venres unha representación da biblioBn asistíu en Santiago a unha xornada formativa sobre diversidade e inclusión para conseguir unha biblioteca escolar de tod@s y para tod@s.
Máis info en #XBICD
viernes, 15 de noviembre de 2019
jueves, 14 de noviembre de 2019
Para o Medio Ambiente...Vida!
No Taller Internivel creamos a nosa aportación artística empregando materiais de refugallo e a impresora de corte para un Libro-obxecto Colectivo. Neste curso andará de xira por distintas escolas, reivindicando un desenvolvemento sostible para darlle moita VIDA ao medio ambiente.
miércoles, 13 de noviembre de 2019
Poesía-Express: Emocióname
Hoxe os nenos e nenas da Aula de 4 anos emocionáronnos coa representación do libro rimado "Emocióname" da Ed. Palabra Aladas.
lunes, 11 de noviembre de 2019
Libro-obxecto Colectivo
Hoxe na biblioBN presentamos a expo do libro-obxecto colectivo e viaxeiro a prol do medio ambiente que foi elaborado polo profesorado asistente á Xornada Biblioteca Creativa “Comunicación e Cidadanía” nun taller a cargo do ilustrador Pablo Otero.
No Taller Internivel realizaremos un máis para incluilo e despois mandalo á seguinte escola.
No Taller Internivel realizaremos un máis para incluilo e despois mandalo á seguinte escola.
viernes, 8 de noviembre de 2019
Material Luminoso
Este venres o alumnado da Aula de A.L. experimentou co novo material luminoso do Espazo Fedelleiro.
Un éxito!!!
Un éxito!!!