Todo preparado con plantillas relacionadas co noso proxecto #mesturarte, 1 escornabot, cámara de fotos, 1 conto, 1 DVD, e a libreta onde recolleremos toda a experiencia.
A profe Desi sorprendeunos coas arrepiantes rimas de "Monstruos patas arriba" da Ed. Vicens Vives.
Despois demostramos a nosa valentía xogando co medo e metendo a man en caixas con miolos, ollos, tripas... Para rematar abrimos as caixas e descobremos o que en realidade contiñan (espaguetes, xelatina con olivas, luva con cenoria e iogur).
E chegou o día da despedida. O programa Lecturas no Canmiño remata por este curso. Foi un mes cheo de sorpresas, descubrimento, aceptación, tolerancia, agarimos, escoita...e como non de lecturas!
Hoxe celebramos o día das bibliotecas cun EncontXo sobre alimentación saudable e horta.
E despois...que millor día que este para facer entrega dos carnés aos novos usuarios deste curso, as nenas e nenos de 3 anos. E coma non podía ser doutro xeito foron os maiores os encargados de facer a entrega.
De novo este venres gozamos da lectura coa axuda, apoio e agarimo de Marta e Brus. Grazas a eles logramos estar cada vez máis tranquilos, interesados, atentos e comunicativos.
Despois da primeira sesión de toma de contacto, este venres voltaron Marta e Brus para comezar coas lecturas apoiadaspara practicar e mellorar as habilidades lectoras e de comunicación do alumnado.