jueves, 30 de mayo de 2019

VISITAMOS A FUNDACIÓN BARRIÉ: TRAZOS MAESTROS

HOXE VISITAMOS A BARRIÉ PARA COÑECER A SÚA EXPOSICIÓN TRAZOS MAESTROS E PARTICIPAR DO TALLER DIDÁCTICO DA MAN DE PAOLA GUIMERANS, EXPERTA EN E-TEXTÍS E NA INTERACCIÓN ARTE-TECNOLOXÍA.
DESPOIS DA VISITA GUIADA POLA EXPOSICIÓN TRABALLAMOS CON DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA CREAR NARRATIVAS DIXITAIS E INTERACTIVAS, COMBINANDO O DEBUXO TRADICIONAL E O DIXITAL.
CO PROGRAMA SCRATCH E A PLACA MAKEY MAKEY CONSEGUIMOS CONVERTIR OS NOSOS DEBUXOS EN SONS, ANIMAIS E INCLUSO UN PIANO.





PASÁMOLO EN GRANDE!!!

martes, 28 de mayo de 2019

As Familias Contan: Nai de Rai

Hoxe recibimos a visita de Lorena, a nai de Rai, para pechar as lecturas das familias neste mes das Letras Galegas.
Nesta volta descubrimos a historia de "Cornelio" da Editorial Kalandraka.




Coma sempre, rematamos a visita asinando no libro da BiblioBN e cun agasallo de impresión 3D.
Moitas grazas pola vosa colaboración familia!

Martes Poesía-Express: Sopra neste furadiño

Este martes o Espazo Fedelleiro encheuse de sopridos poéticos grazas ao conto de Antón Cortizas e Leandro Lamas "Sopra neste furadiño" da Edicións Embora.

Os nenos e nenas da aula de 4 anos prepararon unha poesía dramatizada con diferentes elementos do conto.





lunes, 27 de mayo de 2019

#FamiliasporunTuber: Artai e Familia

E...coas nosas "Pioneiras" continúan as recomendacións En Galego e En Familia

Grazas familias por tan marabillosas recomendacións!

viernes, 24 de mayo de 2019

As familias contan: Avoa de Michael

Hoxe a avoa de Michael deleitounos coa lectura do conto "Artur", de Oli e Marc Taeger,  da editorial Kalandraka.
 Gracias por voltar a BilioBn!



miércoles, 22 de mayo de 2019

#FamiliasporunTuber: Rai e Familia

No mes das letras as familias seguen a recomendar
... En Galego!

martes, 21 de mayo de 2019

Martes Poesía-Express: adiviñas, trabalinguas e poemas.

Este martes a Poesía-Express correu por conta de Miriam, unha alumna da UDC que visitou a escola para coñocer como traballamos os textos poéticos.

Dentro da súa proposta, contounos unha adiviña e un trabalinguas moi divertidos.
  
Tamén recitou de maneira moi orixinal dous poemas recollidos en "44 poemas para leer con niños, selección de Mar Benegas"


  
Por último, firmou  no noso libro de visitas e levou un marcapáxinas 3D de agasallo. Moitas grazas Miriam!

As Familias Contan: Pai de Valeria Casanova

Hoxe visitounos Enrique, o pai de Valeria Casanova, para sorprendernos cun CONTO-CD, "O mundo máxico de Pinocho" de EducaTeatro, que lle da unha volta a un clásico como Pinocho. 
Ademais escoitamos unha canción moi divertida recollida no CD.


Coma sempre, firmou no noso libros de visitas. Moitas grazas pola túa visita!


MAPA CONCEPTUAL ANTÓN FRAGUAS

Como peche do ESCAPE ROOM das Letras Galegas reunímonos na BiblioBN para elaborar entre todas e todos un mapa conceptual coa información sobre Antón Fraguas recollida durante os diferentes retos.


E de recordo...foto polaroid con Antón Fraguas




jueves, 16 de mayo de 2019

ESCAPE ROOM LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS


Para celebrar o Día das Letras Galegas 2019 a BiblioBN organizou un ESCAPE ROOM tendo como protagonista o homenaxeado ANTÓN FRAGUAS.

Esta proposta consistía en superar seis retos que estaban distribuídos en diferentes espazos do centro. Os nenas e nenas tiñan que traballar en equipo para poder superalos e axudar a Antón a recuperar a súa memoria.
O primeiro paso foi visionar na Biblioteca o seguinte vídeo: 




A continuación organizámonos por equipos e descubrimos o que contiñan as carpetas que apareceron.


Despois pasamos á acción. O primeiro reto estaba ubicado no local da ANPA. Neste reto cada equipo tiña que buscar un sobre coa súa cor, e resolver o puzzle que atopaban dentro. As imaxes dos puzzles correspondían coas obras de Antón Fraguas.


Para o seguinte reto tiñamos que ir ao patio, onde dentro dos areeiros estaban agochadas varias chaves. Para poder atopalas utilizamos uns imáns.


No terceiro reto, ubicado no Espazo Fedelleiro, había que utilizar unha plantilla que levaban as nosas mochilas para guiar o Escornabot polo panel. Cando chegaban ao punto marcado coa bandeira de Galicia, atopaban unha coordenada que tiñan que buscar no mapa da nosa Comunidade. Dentro dese cadrante ubicábase o lugar de nacemento do homenaxeado, o cal tiñan que apuntar na libreta de rexistro.


No cuarto espazo, tiñamos que descifrar unha mensaxe coas Runas Vikingas. Ao descifralo descubrían unha das profesións do persoeiro.


Seguinte reto: mensaxe oculta. Coa axuda das acuarelas e pinceis descifraban o nome e apelido do autor do "Cantigueiro de Cotobade".


Na aula rosa atopamos a última pista gardada nunha caixa cerrada con dous candados numéricos. Para poder abrila, tiñamos que atopar nas nosas mochilas a data de nacemento e de morte. Cando introducían os códigos nos candados conseguían as datas xunto con dúas fotos.


Para todo isto, contábamos con dous comodíns: un de chamada a outro equipo, e outro de axuda por parte dos mestres.


Por último, reunímonos todos na BiblioBN, e abrimos o cofre coa axuda das chaves atopadas.
Neste cofre tiñamos unhas instrucións para poder recibir unha visita especial.



Por fin chegou o momento de recibir a Antón Fraguas!


Foi unha experiencia diferente e moi divertida!
Feliz Día das Letras Galegas!

miércoles, 15 de mayo de 2019

#FamiliasporunTuber: Laura e o seu Pai

No mes das letras seguimos a recomendar pero...
En Galego

martes, 14 de mayo de 2019

Martes Poesía-Express: O casamento da pulga e o piollo

Hoxe, aproveitando que estamos na semana das Nosas Letras fixemos unha lectura dos versos populares do "Casamento da pulga e o piollo", recollido no "Cantigueiro de Cotobade" de Antón Fraguas Fraguas.


As Familias Contan: Pai de Ainara Carril

Hoxe volveu visitar a BiblioBN o pai de Ainara Carril, Toni, para contarnos "Unha casa a medida" da Editorial Kalandraka. 

Esta vez estivo acompañado por un ex-alumno do centro, Pablo, quen lle axudou a contar a historia.


Moitas grazas pola visita familia!


miércoles, 8 de mayo de 2019

Encontro: Seprona

Esta mañá a escola recibiu a Manuel, membro da Guardia Civil, máis concretamente de SEPRONA.

Manuel falounos sobre o traballo que realiza xunto aos seus compañeir@s, os riscos mediambientais derivados das malas prácticas humanas e como podemos nós previr que ocorran.

Centrouse ademais na prevención de incendios forestais. Nós contámoslle as nosas experiencias relacionadas con este tema e mantivemos un diálogo agradable reflexionando sobre o medioambiente cunha persoa experta.
Moitas grazas por todo!



 

As familias contan: Pai Ainara Carril

Onte visitou a Bibliobn o papá de Ainara para contarnos “Unha parella diferente” da Ed.kalandraka.

Moitas grazas por voltar de novo a contarnos un conto!

Martes Poesía-Express: O libro dos medos

A partires do conto “O libro dos medos”, da Editorial Bolanda, este martes a poesía-express sorprendeunos cun teatro de sombras na biblioBn.

viernes, 3 de mayo de 2019

As familias contan: a Nai de Artai

Onte visitou a BiblioBN María, a nai de Artai, para contarnos a divertida historia do conto
"A vaca que puxo un ovo" da Ed Patas de peixe.



Para agradecerlle a visita démoslle como agasallo un marcapáxinas 3D da nosa BibilioBN.
Moitas grazas familia!