viernes, 30 de noviembre de 2018

Venres de EnCurtas: Semente

"I enCURTA Diversa" elaborada polo Alumnado de A.L. no Espazo Fedelleiro.




Así o fixemos:



Unha vez preparamos o material (bolsa de papel para o fondo, cortizas, unha semente moi especial impresa en 3D a partires dun debuxo seu, os seus dedos, as súas mans, pintura, trípode, IPAD e foco) , comezamos a rodaxe colaborativa co programa STOPMOTION STUDIO PRO.


As sementes empregadas son impresións 3D deseñadas polo alumnado de A.L. nun papel, pasadas ao SELVA e redimensionadas no CURA.







Un gran aplauso para @s artist@s!!!



De agasallo para todo o alumnado pequenas sementes 3D co código QR da "I enCURTA Diversa".






jueves, 29 de noviembre de 2018

Chegan as primeiras mochilas da okupación escornabótica

Comezan a chegar as primeiras plantillas #somosdemonte da nosa "okupación escornabótica".
Nesta por exemplo xogaremos a topar aves autóctonas dos montes galegos.


miércoles, 28 de noviembre de 2018

Taller Escornabótico: Montaxe do Escornabot da Aula de 3 anos


O alumnado de 3 anos montou o Escornabot da súa aula en tres sesións do Taller TIC.
Só falta cargarlle o Arduino para que funcione.





Agasallo Encontro 25 N

Para agradecerlle a visita a Laura fixémoslle un agasallo partindo do deseño en papel do lazo do 25N.


Ese deseño foi pasado primeiro polo SELVA 3D para conseguir un obxecto 3D (.STL) e depois polo TINKERCAD para editalo e fender no lazo o 25N.


Para rematar abrimos o noso deseño 3D no CURA para redimensionalo e obter un arquivo de impresión 3D (.GCODE).


Así de bonito quedou:



sábado, 24 de noviembre de 2018

Encontro 25N

Laura contou a historia das encrobas, de como defenderon o seu con valentía.
Despois aprendimos como se fan os poemas e creamos un propio a partires da historia.
Para rematar pintamos con carbón como o extraído das minas.
Moitas grazas por todo!!!


viernes, 23 de noviembre de 2018

Circuítos para o Escornabot

Ao alumnado de A.L. encántalle fedellar! Estos días estiveron a construir circuítos para o Escornabot con distintos materiais. Despois mediante estimacións dos avances os percorreron.





miércoles, 21 de noviembre de 2018

EncontXo Día da Música


Polo Día da Música tivemos un EncontXo moi especial e relaxante co que inauguramos o Espazo de Acougo do Fedelleiro, mesturando a lectura de Respira da Ed. Fragmenta con pezas musicais e posturas de Eduyoga.




Agora tod@s os que necesitemos acougo xa sabemos onde atopalo... 



Para rematar a xornada musical levamos un agasallo, unha maraca feita na Impresora 3D. O diseño é do Thingiverse, páusase a impresión na metade e introducimos uns graos de arroz dentro, despois retomamos a impresión e como resultado temos unhas maracas cun son moi relaxante.





Poñéndolle as pilas a un Escornabot

Mentras que o alumnado de 4 anos xogaba co Escornabot empezou a facer cousas raras, avanzaba menos, soamente pitaba sen avanzar, non facía caso.... Algo lle pasaba, así que decidiron baixar ao Fedelleiro a metelo na Enfermería Escornabótica. Despois dunha revisión técnica descobriron que o que faiaba eran as pilas, así que se puxeron mans á obra...



martes, 20 de noviembre de 2018

Martes: Poesía-Express


Este martes Irene nos regalou o fermoso poema "Os ollos da chuvia" extraído do libro ¡Ring, Ring...! ¡Quién rima?
Mentres o recitaba caían gotas de tinta azul sobre a imaxe dunha costa impresa en papel de esbozo. 


lunes, 19 de noviembre de 2018

Intervención artística no patio: O noso Monte

No patio estamos a facer unha pequena intervención artística para chegar a recrear o noso monte, cada día un nen@ debuxará a súa árbore ou algún outro elemento dos montes.
Aquí vos deixamos un pequeno adianto.

viernes, 16 de noviembre de 2018

Plantilla de Mitoloxía para o Escornabot

María presentounos unha nova plantilla para o Escornabot para xogar coa Mitoloxía. 



Coa axuda dun IPAD e unha APP de ruleta temos que identificar cada personaxe e levar a el o Escornabot.







jueves, 15 de noviembre de 2018

Taller Escornabótico: Cambio dun motor


O alumnado de 4 anos cambiou un motor avariado dun Escornabot.






Tamén rotularon a caixa onde metemos os Escornabots con algún tipo de "problema" ou avaría.


miércoles, 14 de noviembre de 2018

Novas Plantillas do Escornabot para Días de Frío e Castañas

Nestos días nas clases de Inglés leron un conto titulado “Snow” de Sam Usher que aproveitaron para traballar as prendas de vestir máis quentiñas, ademais doutro vocabulario enmarcado dentro das rutinas diarias e o tempo atmosférico.




Tamén xogaron co escornabot cunha nova plantilla baseada no vocabulario a traballar.





Na Aula de A.L. xogaron cunha plantilla para o traballo da discriminación visual, atención, vocabulario e razoamento verbal onde buscaban as imaxes relacionadas co Magosto.