Realizado polo alumnado de 5 anos para explicar o proceso desde o deseño ata a impresión dun obxecto en 3D.
viernes, 27 de abril de 2018
Impresión 3D: Agasallo Semana do Libro
A biblioBN quere agradecer a todo o alumnado e profesorado a súa implicación nesta semana.
Sacamos do Thingiverse a imaxe dun libro e engadímoslle o texto co Tinkercad.
O agasallo leva unha sorpresa engadida, o QR que da acceso ao vídeo que gravamos co texto de Fran Alonso.
Semana do Libro: Venres, alumnado de inglés
E rematamos esta fantástica semana cos libros como protagonistas, coa dramatización, por parte de todo o alumnado, do mítico We´re going on a bear hunt.
As familias contan: Ana, mamá de Martín
Ana, fixo doblete este curso na biblioBN. Hoxe deixounos coa inquedanza do que pasou El día que los crayones renunciaron.
Xa sabemos o que temos que facer se non queremos que as nosas cores nos escriban.
Grazas polo teu compromiso con esta escola e esta biblioteca!!!
jueves, 26 de abril de 2018
Semana do libro: Xoves, alumnado de A.L.
E como na biblioBN todos contamos, tócalle o turno ao alumnado de A.L.
Fantástica representación na mesa de luz de Aquí es mi casa.
As familias contan: Lorena, mamá de Rai
Lorena e Rai achegáronnos unha das nosas lecturas favoritas: "Salvaje". Unha boa reflexión sobre a maneira de vivir dos adultos.
Grazas por facernos saber que a nosa casa é aquel lugar no que somos felices!!!
miércoles, 25 de abril de 2018
Concurso: "O Noso en 3R"
Convocamos ás familias a recrear o noso patrimonio con materiais de refugallo. O premio será un escornabot por aula.
Semana do Libro: Mércores, alumnado de 5 anos
E como non, nunha volta a Galicia non podía faltar a historia de Hércules e Crunia.
O alumnado de 5 dándoo todo na súa representación:
martes, 24 de abril de 2018
Semana do Libro: Martes, alumnado de 4 anos
Os nenos e nenas seguen a aproveitar os recursos do Espazo Fedelleiro para contar os contos.
O alumnado de 4 anos empregou o retroproxector e os seus debuxos para interpretar Diez patitos de goma
As familias contan: Mª Luz, avoa de Damían
Abraiad@s deixounos Mª Luz coa lectura de Los nuevos vecinos.
Viaxamos escaleiras arriba e abaixo para comprobar que a realidade non é como a pintan.
Grazas por unha intensa e entusiasta lectura!!!
Os libros éncheno todo
Nesta semana os libros que falan de libro ocupan o expositor da entrada e a imaxe do día tamén fala de libros.
lunes, 23 de abril de 2018
Semana do Libro: Luns, alumnado de 3 anos
Arrancamos cos festexos do Día do Libro. Presentamos ao alumnado o vídeo no que poñen voz e imaxe ao texto de Fran Alonso:
E o alumnado de 3 anos representa, na mes de luz, Pequeno azul e pequeno amarelo
sábado, 21 de abril de 2018
viernes, 20 de abril de 2018
Impresión 3D: Taboleiros para o escornabot
Sacamos do repositorio Thingiverse unhas pezas para montar taboleiros de xadrez, que redimensionamos no Tinkercad para que midan o avance do escornabot:
Imprimímolas e probámolas.
As familias contan: Montse, mamá de Daniela e Valeria
Hoxe Montse contounos como se unha etiqueta di No lavar este oso debemos facerlle caso. As consecuencias poden ser impredecibles.
Moitas grazas polo teu sabio consello !!!
jueves, 19 de abril de 2018
A Visión dunha Obra
Hoxe visitamos a exposición "A Visión dunha Obra" do pintor pontevedrés Jorge Castillo na sede de Afundación da Coruña.