miércoles, 28 de febrero de 2018

Impresión 3D: Carauta de Rosalía

Como traca final do traballo con Rosalía, imprimimos unha carauta en 3D:


Fotografámonos con ela e pasamos a foto polo filtro Warhol do picmonkey :


E este é o resultado: 

 

martes, 27 de febrero de 2018

Martes Poesía-Express: A Rosalía ( No bico un cantar )


Para rematar este mes no que traballamos a Rosalía, lemos o poema que lle adicou Curros Enríquez:

"Do mar pola orela mireina pasar,
na frente unha estrela no bico un cantar."


Recibimos as nosas estrelas ao tempo que escoitamos a canción de Uxía:



Despois buscamos a Curros no póster do País das Letras:

 

viernes, 23 de febrero de 2018

Día de Rosalía de Castro 2018


Celebramos a Rosalía achegándonos a súa vida e obra:



Vemos a curta do IES As Barxas do poema do moucho:




 Do que hoxe levaremos as fotos para a casa:


Despois, localizamos no póster do País das Letras a Rosalía, Manuel Murguía e outro protagonista do calendario deste mes, Eduardo Pondal:


Finalmente gravamos  o segundo "C(r)oma Galeg@s" que ten como protagonistas a Rosalía e Murguía:



C(r)oma Galeg@s II: Rosalía de Castro e Manuel Murguía

Seguindo co noso achegamento aos persoeiros relevantes do noso país, e celebrando o Día de Rosalía:

Así o fixemos:

Venres de EnCURTAS: Moucho, non che teño medo!




              

ANIMACIÓN REALIZADA POLOS ALUMN@S DO OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA , IES AS BARXAS,MOAÑA.
1º premio no concurso Imaxina Cantares! na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria

lunes, 19 de febrero de 2018

Encontro Poético-Musical


Grazas a Juan e Rubén, "Os Juanpiños", hoxe desfrutamos como nunca dos poetas, da poesía e da música.




viernes, 16 de febrero de 2018

Impresión 3D: Día de Rosalía

Imprimimos a imaxe de Rosalía, tratada no Selva 3D, que nos acompaña dende primeiros de curso para identificar a Literatura no noso proxecto.


Pegámola sobre a cara da escritora:


E xa está lista para Abrirlle a Fiestra:

EncontXo Fin de Entroido

Rematamos o tempo de Entroido con "Tomás o bromista" e os seus disfraces reciclados.

jueves, 15 de febrero de 2018

As Mates no Espazo Fedelleiro

Xa dende primeiros de curso o Espazo Fedelleiro conta cun recuncho con materiais matemáticos.
Como cada aula está desenvolvendo unha hora á semana un Taller de Mates, decidimos baixar para este espazo todos os fondos que falan en clave matemática (tanto liteartura como libros informativos).
Agardamos , así, que sexan complemento necesario dos materiais con que se está  a traballar .







 

miércoles, 14 de febrero de 2018

Encontro: Muller e Nena na Ciencia


Empezamos a xornada presentando a Guía de Lectura:

 
E agora toca xogar aos cromos para descubrir a oito científicas pioneiras galegas:








Algunhas xa as coñecemos, outras aparecen nos libros da guía e outras descubrímolas no xornal:
 





E así quedou:

 

Impresión 3D: Dados

Seguimos a imprimir, grazas ao repositorio Thingiverse, material didáctico.
Así, estamos almacenando nunha caixa dados de diferentes formas, tamaños e numeracións. Permitirannos traballar o calculo usando varios dados á vez e xogando con distinta numeración dependo da idade.





domingo, 11 de febrero de 2018

Bestiario de Galicia: Sardiñas de Jorge Cabezas

Chegado o Entroido, traballamos o outro animal significativo destas datas: a sardiña.


Patrimonio: Entroido

Os da aula de 5 colgaron nas escaleiras o resumo gráfico da investigación do Entroido Galego:


Máis Entroido para o Escornabot

Despois de correr o Entroido por Galicia o Escornabot pide maís!!!
As plantillas que trouxeron Daril e Yomara da casa axudáronlle a percorrer o noso Entroido e a súa gastronomía.
Presentamos a Cacholabot, así bautizado por Artai:


Daril e Yomara explican as súas plantillas de xogo:



E logo as probamos co Cacholabot: