jueves, 21 de diciembre de 2017

Impresión 3D: Queremos Galego, Xa!!!

No vídeo, no que expresamos os nosos desexos para o 2018, lucimos uns pines impresos en 3D.
Á lingua pintámoslle, cun permanente, a franxa da nosa bandeira.
Finalmente, pegámoslle o imperdible.


 

miércoles, 20 de diciembre de 2017

Visita do Apalpador á biblioBN

Hoxe recibimos ao Apalpador na biblioBN e falounos do Courel e do seu traballo.




O noso agradecemento á ANPA da escola por unha visita cargada de historias, sons, sensacións, natureza, risas, emocións e coñecemento !!! 
E ao Apalpador pola fermosa mensaxe que deixou no noso libro de visitas: 


martes, 19 de diciembre de 2017

Martes-Poesía Express: Silencio no Espazo Fedelleiro

A Poesía causa ASOMBRO !!!

 



Todo preparado para escoitar e ver:

 


E agora ... a fedellar !!!
 Experiencias multisensoriais no Espazo Fedelleiro !!!
 





Cociñando no Espazo Fedelleiro: Nadal

Receita para o Nadal: Bombóns


Preparamos os ingredientes e comezamos a elaboración partindo o chocolate en trozos pequenos.


Quentamos os trozos no microondas ata derretelos.




Botamos 1 vaso de cereais por cada 2 tabletas empregadas e remexemos.




Deixámolos enfriar ata endurecer e listos para saborealos!

Compartindo información: O meu lugar favorito de Galicia I


Pechamos trimestre compartindo cos compañeiros e compañeiras das outras aulas os noso lugares favoritos:






Os nosos lugares favoritos de Galicia

A aportación das familias ao proxecto deste curso nos leva a unha viaxe por lugares significativos para elas.
Esta é a plantilla na que rexistran a información:



E este é o mapa interactivo que vai recollendo as informacións aportadas ata o momento:

viernes, 15 de diciembre de 2017

Árbore de Palabras

Así se fixo a nosa Árbore de Nadal, coas preciosas palabras aportadas polas familias.



"Deixemos que as palabras falen por nós" 




jueves, 14 de diciembre de 2017

Impresión 3D: Nadal Solidario

Como todos os cursos participamos no Nadal Solidario.
Para crear a nosa postal usamos unha árbore deseñada por un alumno que tratamos co Selva 3D.



miércoles, 13 de diciembre de 2017

EncontXo co Bestiario de Galicia II


      
Mapa das illas e praias que aparecen na lectura:



Illa de Sálvora:




Cabalos salvaxes:
Resultado de imagen de caballos salvaxes galicia


A Fortaleza:





O Faro:



A Serea Mariña:


Os Saefes convertidos en pedras:





Coñecemos a obra de Manuel Moldes identificando símbolos e paisaxes de Galicia. Prestamos especial atención aos cadros nos que aparecen cabalos:



             

martes, 12 de diciembre de 2017

Premio para o proxecto "Non Somos robots"

A Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación acaba de condernos un dos premios do IV Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar polo proxecto "Non Somos Robots".
Resultado de imagen de non somos robots
Accede aquí ao texto da resolución 


Resultado de imagen de gif robots aplaudiendo

viernes, 8 de diciembre de 2017

EncontXo: Cómo encender un dragón apagado


Anticipamos a lectura pensando como faríamos nós para acender un dragón apagado:


Para despois achegarnos aos intentos que fai o protagonista: