viernes, 28 de abril de 2017

Visita á Biblioteca Municipal Miguel Sande

Para rematar o Mes do Libro visitamos a Biblioteca Municipal de Pastoriza, onde descubrimos a Carlos Casares e a súa obra da man de Ana Hermida.

Medramos cos vosos contos! : Tía de Ainara

Mari leunos Willy y la nube. O noso chimpancé favorito volve a amosar o seu afán de superación cando unha nube gris o persegue.



Medramos cos vosos contos! : Mamá de Mar

Martina leunos La Mosca, divertida historia de como un día perfecto pode converterse nun pesadelo.



martes, 25 de abril de 2017

Martes: Poesía Express XV



Recitado de María, axudada polos nen@s da aula de 3.


Medramos cos vosos contos! : Mamá de Artai

María leunos  ¡Voy a comedte! . Unha divertida historia que entendimos perfectamente a pesar do mal que falaba o lobo.
E cunha contacontos tan boa, tivemos unha propina contada a dúo: La vocecita.



Medramos cos vosos contos! : Mamá de Michele

Rebeca achegounos á biografía de Frida Kahlo. Unha gran artista, exemplo de tesón e valentía.



Día Mundial do Libro 2017




Vídeocreación inspirada no marcapáxinas agasallo da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia con texto de Rosalía Fernández Rial.


Libro colectivo creado polo alumnado:



Libros dos que tomamos as ilustracións:


O Señor Lugrís e o Escornabot

Despois da visita á exposición de Lugrís, traballamos co Escornabot e as imaxes que o artista pintou  da Torre de Hércules.
Durante a visita observamos o panel, deseñado por Rubén Ventureira, no que aparece a evolución da Torre nas obras de Lugrís.

Resultado de imagen de evolucion torre de hercules lugris

Con esta imaxe elaboramos un cadro de dobre entrada co que xogamos.


Tiramos dous dados para saber o cadrante ao que temos que levar o escorna:




Despois buscamos o cadro no que aparece esa Torre:





Medremos cos vosos contos! : Mamá de Nicolás

Rocío, experta contacontos, e Nico achegaronnos á historia de O coelliño branco, na que aprendemos que a valentía non é cuestión de tamaños.



Medremos cos vosos contos! : Mamá de Martín

Yolanda leunos O neno que tiña medo dos robotsun libro dobre co que agasallou á biblioBN. Aprendemos a enfrontar o medo ao descoñecido  e diferente.



jueves, 20 de abril de 2017

miércoles, 19 de abril de 2017

Medremos cos vosos contos! : Mamá de Anxo

Maite achegounos a historia de La oca boba, un animal que quería facer tantas cousas que as acaba facendo pero non por gusto.



lunes, 17 de abril de 2017

Máis Formación de Usuarios co Escornabot

Actividade da aula de 3 anos para coñecer e recoñecer a etiquetaxe da biblioBN.


Primeiro seleccionamos un libro do caixón das novidades:


Observamos a etiqueta e localizámola co Escornabot:


Finalmente, gardamos o libro no estante correspondente:



lunes, 10 de abril de 2017