miércoles, 22 de junio de 2016

O recuncho TIC da biblioBN na revista EDUGA

Resultado de imagen de eduga


A revista EDUGA, na sección de Bibliotecas Escolares, ven de publicar un artigo do traballo coas TIC na nosa biblioteca:

Ler aquí

martes, 21 de junio de 2016

ENCONTRO CHEGADA A META


Xuntanza na biblioBN para contar aos compañeiros o traballado ao longo dun curso OLÍMPICO:

A aula de 3 anos contounos da historia dos Xogos Olímpicos percorrendo todos os espazos da escola:





A aula de 4 anos explicounos por que queren ir a Río... ?



          


E a aula de 5 presentou a liña do tempo que traballaron cos carteis dos Xogos da Era Moderna e a RA co Aurasma:



Despois presentaron o vídeo co traballo das sedes dos XXOO modernos e as fotos da información dos deportes olímpicos:




viernes, 17 de junio de 2016

martes, 14 de junio de 2016

Escornabots DiverXos

Accede ao blog de A.L.


A diversidade tamén ten cabida dentro do programa Escornabots na Biblioteca Escolar, programando actividades en pequeno grupo coa mestra de A.L. coas que se traballa a adquisición e estimulación da linguaxe e reforzo educativo.
 

lunes, 13 de junio de 2016

Rock na Biblioteca

Hoxe desfrutamos dun fantástico concerto de Rock na biblioBN, a cargo de Richi García, voz, guitarra e líder de Los Claretes






Sentimos a música, escoitamos, bailamos, gozamos e ata cantamos. Foi una experiencia única!


GRAZAS RICHI!!!!
E LONGA VIDA AO ROCK & ROLL

jueves, 2 de junio de 2016

Visita das Escolas Deportivas do Pastoriza

Rematando un curso moi deportivo, recibimos a visita de Pablo e Iván das Escolas Deportivas do Pastoriza que nos fixeron unha fantástica exposición de varios deportes amosándonos vestimentas e materiais empregados nos mesmos.
Agasalláronnos cos carnés de mini adestrador e despois deixáronnos practicar co material que trouxeron.

GRAZAS !!!


miércoles, 1 de junio de 2016

Traballo do Medalleiro Olímpico Galego

No mes das Letras os nenos e nenas da escola investigaron sobre os Medallistas Olímpicos Galegos: