miércoles, 30 de marzo de 2016

Presentación do concurso "Nós tamen creamos"

Por segundo ano, dispoñémonos a participar no concurso Nós tamén creamos
Celia contounos o conto co que imos participar: A visita dos domingos.


viernes, 18 de marzo de 2016

Encontro: Día da Poesía


A biblioBN recibe unha visita moi especial para conmemorar o Día da Poesía: a mamá de Nicolás, poeta, agasallounos coa súa lectura e poesía.




O recitado recolleu poemas de Concha Blanco, María Lado e da propia Rocío:



Presentou dous poemas seus sen publicar, un que fala dos medos e angustias das nais e outro, escrito especialmente para nós, que conta a relación da nai co fillo dentro do seu ventre:




Nicolás agradece, en nome de todos, a presenza da súa mamá:


GRAZAS ROCÍO

por o teu fermoso recitado !!!

Xa somos Xornalistas Deportivos





E traballamos tanto que o conseguimos !!!
Hoxe, na biblioBN, cada aula presentou o seu traballo na Semana da Prensa e despois entregáronse os carnés:












jueves, 17 de marzo de 2016

21 de Marzo: Día da Árbore e a Poesía


As árbores alimentan

"Poemas con Piruleta" Carlos Fontes


        

Cos pés na terra

"Brinca Vai" Paco Nogueiras



Árbol adentro

Octavio Paz






Una imagen de 'Octavio Paz. Cuenta y canta la higuera'


"Na obra de Octavio Paz, ao longo de 313 poemas
a palabra árbore aparece 165 veces ..."

Elena Poniatowska "Las palabras del árbol"



"A árbore está vencellada á definición do seu destino e da súa poesía"


Alberto Ruy-Sánchez 
"Octavio Paz. Cuenta y canta la higuera"




Tras a lectura dos poemas que falan de árbores, presentamos a Guía de Lectura das Árbores e o Concurso: "Busca a túa Árbore Preferida"

EncontXo no Día de San Patricio


Teacher Raquel, no Día de San Patricio, agasallounos cun conto e cun tesouro cheo de moedas...

miércoles, 16 de marzo de 2016

Encontro Semana da Prensa






O noso agradecemento a Alex Centeno , xornalista deportivo de La Voz de Galicia , por compartir o seu tempo con nós para coñecer como se escribe un xornal.
Con él elaboramos unhas primeiras páxinas que en breve editaremos .


jueves, 10 de marzo de 2016

Mulleres con Arte: Frida Kahlo

O Taller de Arte desta semana achéganos a unha artista recomendada na Guía de Lectura:

Frida Kahlo

Encontro co Fútbol Feminino



Nesta semana na que celebramos o Día da Muller, disfrutamos e aprendemos coa visita de Maite, mamá de Anxo. Coa súa equipación de porteira, falounos deste deporte desde o punto de vista da muller, da discriminación que sufre respecto ao masculino e tamén das alegrías ante as victorias e do compañeirismo no equipo. Deporte do que disfrutou desde os 6 anos ata que tivo a súa primeira filla.
Aínda que non de xeito profesional, Maite segue a participar en torneos benéficos.
Animou a todas as nenas a participar deste deporte en igualdad de condicións que os nenos.

GRAZAS MAITE !!!




Montaxe do Escornabot


No blog de TICS tedes todo o proceso da montaxe que fixestes con Aida.

miércoles, 9 de marzo de 2016

8 de Marzo do 2016: As Mulleres de Barrionovo temos MOITO CONTO

Día grande para celebrar coas nosas mulleres. A libraría Moito Conto abriunos as portas e agasallounos cun contacontos en igualdade. Neste máxico espazo reflexionamos sobre o papel das mulleres nos contos clásicos e vimos o vídeo co traballo do alumnado sobre a presenza da muller no movemento olímpico.




Queremos dar as GRAZAS :
  • ás mulleres que nos acompañaron.
  • a Esther, Eva e Chus por abrirnos a súa casa.
  • á Policia Local de A Coruña por facilitarnos a saída. 

V Televisión no noso Día da Muller

 Este é o reportaxe que V Televisión gravou da nosa actividade  na libraría Moito Conto co gallo do día da Muller.
Reflexión arredor da importancia da literatura infantil no traballo en igualdade.
A información atópase no minuto 13:00



                     

lunes, 7 de marzo de 2016

8 de Marzo: As Mulleres No Olimpismo

Dentro do proxecto anual, dedicamos o Día da Muller a traballar o papel feminino no movemento olímpico.
Rexistramos o traballo nun díptico editado coa subvención do CIM de Arteixo.




viernes, 4 de marzo de 2016

Vídeoconferecia con Javier Gómez Noya


Pois atopábase en Sudáfrica, e desde alí, Javier Gómez Noya tivo a xenerosidade de agasallarnos cun pouco do seu valioso tempo para contarnos moitas cousas...
Agradecemos a Sonia Braña, mamá de Lucía, a súa axuda para que este Encontro fora posible.
E a Javier e o seu entrenador Carlos por formar parte do noso proxecto.




               

jueves, 3 de marzo de 2016

Preparando o 8 de Marzo


Estas son as mulleres de Barrionovo retratadas polo alumnado.
Con elas celebraremos esta data na libraría Moito Conto de A Coruña

miércoles, 2 de marzo de 2016

Encontro: Testemuña Informativa III

Compartimos, cos compañeiros das outras aulas, a información traída da casa: