Grazas a Ana Hermida e ao CIM do Concello de Arteixo.
Ana contounos historias de superación e xenerosidade de mulleres que deixaron unha pegada importante na historia da humanidade.
Achegounos a estas mulleres a través do libro "La Liga de las Mujeres Extraordinarias".
Así coñecimos historias extraordinarias, como a de Marie Curie que da nome a unha das rúas que andamos a descubrir.
Tamén aprendimos a cantidade de obxectos da vida cotiá que foron inventados por mulleres.
O dito, MULLERES EXTRAORDINARIAS.