Rematamos o traballo arredor da figura de Rosalía de Castro con Arte Efímero e Natural.
Inspirámonos nas ilustracións de Pepe Barro para a edición de Cantares Gallegos de El Patito Editorial. As alusións á vizosa vexetación galega no prólogo dos Cantares foron o motivo de inspiración das ilustracións do artista.
Creamos Arte empregando follas de camelia e agullas de piñeiro.