lunes, 30 de enero de 2012

Palabras de PAZ

A árbore que nos acompaña no proxecto deste curso tamén quixo PAZ ticipar
aloxando todas as palabras tan fermosas que chegaron desde as casas falando da PAZ.




E a teacher Pilar ensinounos que a PAZ fala moitas línguas diferentes e con ela elaboramos estes fermosos carteis que adornaron este día.

 

Regalando Sorrisos

Hoxe ao chegar ao cole vimos que había un montón de carteis que convidaban a coller sorrisos para regalar.
Sorrisos para as nosas familias, para os compañeiros, para os mestres...sorrisos de azul,de amarelo,de vermello ... porque os sorrisos non saben de cores, nin de idades, nin de lugares ...
Só saben que todos  estamos agardando para que cheguen voando ata nós.

                           
                          
           


Grazas aos profes de Galán que nos pasaron esta idea tan divertida.
Para todos eles vai este sorriso de regalo.
E para todos os que seguides o noso blog.

                                                       
  



    E para completar un día cheo de sorrisos, nas aulas leímos a fermosa historia 
 
O Sorriso de Daniela