Como xa sabedes o pasado martes fixemos unha pequena festa para dar a coñecer o novo cole . Guíamos as nosas familias polas novas instalacións , entre elas a Biblioteca.
sábado, 26 de noviembre de 2011
viernes, 25 de noviembre de 2011
miércoles, 23 de noviembre de 2011
Donación á Biblioteca
Queremos dar as grazas a Aarón e a súa familia por donar á Biblioteca a colección completa dos DVD da "Abeja Maya" máis a película "Los Increibles".
lunes, 21 de noviembre de 2011
Encontro con Jose Fernández
Hoxe recibimos a visita do fotógrafo Jose Fernández , propietario do estudio de fotografía "Fersal".
Explicounos , dun xeito moi ameno , en que consisitía o seu traballo e así amosounos fotografías de distinta temática :retratos , paisaxes , fotografías para catálogos , reportaxes de boda...
Trouxo a cámara reflex que él emprega para traballar , ensinounos os obxectivos e o flash.
Explicounos como chegan as fotos desde a cámara ata as nosas mans...
Despois quixemos ensinarlle as fotos que sacamos na visita a Fraga de Sisalde , que lle gustaron moito.
Por último un de cada clase , e a súa afillada Icía , tivemos a oportunidade de quitar unha foto coa súa cámara.
Para rematar o encontro sacounos unha foto a todos xuntos.
Pareceunos que o traballo de Jose é moi divertido e interesante , e tamén que ten que ter moita paciencia.
domingo, 20 de noviembre de 2011
Traballando a Poesía
Xa empezamos a escoitar os primeiros traballos feitos nas aulas das
AULA DE TRES ANOS - TALLER DE LINGUAXE
AULA DE CATRO ANOS-TALLER DE LINGUAXE-MENOS LOBOS
AULA DE CINCO ANOS - TALLER DE LINGUAXE
sábado, 19 de noviembre de 2011
biblioBN Informa
No recibidor da escola tedes o panel informativo da biblioteca , nel aparecerá información sobre as exposicións temporais , novidades ...e tamén hai un lugar reservado para informar sobre os "Encontros" que na biblio teñamos con todos aqueles que veñan a informarnos de temas diversos e os "EncontXos" que teñamos arredor da boa literatura.
jueves, 17 de noviembre de 2011
Encontros biblioBN
Inauguramos os "Encontros biblioBN" coa visita dun profesional da fotografía .Queremos saber mais cousas sobre este apasionante mundo que empezamos a coñecer gracias a Aida na clase de TICS.
martes, 15 de noviembre de 2011
Poesías do Outono
Aquí tedes unha selección de poesías otoñais para que traballedes na aula e na casa. Poesías del otoño
View more presentations from Salvia
Un Magosto de Conto
O día do San Martiño celebramos o Magosto na nosa biblioteca coa lectura dun conto moi lambón "El Gato Tragón".
O conto máis as personaxes da animación están a vosa disposición na biblioteca para que recreedes esta divertida historia.
O conto máis as personaxes da animación están a vosa disposición na biblioteca para que recreedes esta divertida historia.
miércoles, 9 de noviembre de 2011
Recursos para o proxecto
Como xa sabedes o proxecto a traballar neste curso escolar é :
"Un curso nun Bosque Animado"
e na biblioteca xa temos un lugar no que atopar recursos para traballar .
Neste blog , na barra lateral , atoparedes máis recursos e actividades en :
UN BOSQUE ANIMADO
Á SOMBRA DUNHA ÁRBORE
lunes, 7 de noviembre de 2011
Xogo a Ler
Este curso seguimos co "Xogo a Ler" , un achegamento lúdico ao maravilloso mundo da lectura.
A través desta actividade desenvolvemos moitas capacidades e habilidades , que van desde a selección do libro ata a reflexión sobre o mesmo , que recollemos no caderno e compartimos na aula cos nosos compañeiros.
miércoles, 2 de noviembre de 2011
Tempo de Magosto
Toma castaña !!! |
Xa estamos en novembro , o mes dos magostos .Pinchade na foto e atoparedes recursos para celebrar un magosto de Toma castaña !!!
Tamén podedes atopalos na barra lateral do blog :Recursos de temporada
Manifesto polo álbum ilustrado
Aquí tedes un manifesto a favor do album ilustrado , xénero literario que empregamos a cotío nas nosas aulas co noso alumnado.
No enlace que tedes ao pé do manifesto vai a traducción do mesmo.
http://pequenhaciudad.blogspot.com/2011/10/manifiesto-por-el-album-ilustrado.html